AGADIC

Centro Coreográfico Galego

Castelán | Inglés

Contacto | Mapa web | Subscrición



A peza


Maruxa Salas

Coreógrafa e bailarina ourensá, Maruxa Salas dirixe o proxecto Neodans. Licenciada en Danza na especialidade de Coreografía e Técnicas de Interpretación polo Instituto Superior de Danza Alicia Alonso de Madrid, onde foi galardoada co Premio de Composición Coreográfica 2004, cursou tamén a carreira de Ballet Clásico da Royal Academy of Dance de Londres do Conservatorio Profesional de Danza de Madrid. Bolseira da Fundación Alicia Alonso, entre 1998 e 2002 participou en diferentes producións do Joven Ballet de Cámara de Madrid. De 1995 a 2000 tamén foi bolseira da escola África Guzmán de Madrid, balando na compañía.

En 2002 obtivo unha bolsa da SGAE para perfeccionar a súa formación no Ballet Nacional de Cuba, onde dous anos despois traballou como coreógrafa convidada.

En 2001 presentou en Madrid e na Habana unha das súas primeiras creacións, Per Loca Marítima, pola que recibiu o Premio Especial Teatro de Madrid e o primeiro premio no Certamen de Jóvenes Creadores. En 2003 foi recoñecida co primeiro premio no II Certamen Internacional de Coreografía Burgos-New York por Minube, programada polo Korzo Theater (Holanda) e escenificada tamén en diferentes espazos de España e Cuba.

En 2003 actuou no Holland Dance Festival como bailarina solista de Orlando do coreógrafo Tom Stuart.

Didenoi é o título dunha das súas últimas propostas, que o Ballet Nacional de Cuba incorporou ao seu repertorio e coa que obtivo diferentes galardóns: segundo premio no IV Certamen Burgos-New York (2005), terceiro premio e premio á bailarina sobresaínte no III Certame de Creación Coreográfica de Galicia (2005), convocado polo IGAEM, e mención especial no Concurso Iberoamericano de Coreografía da SGAE.

Recentemente crea Caracola con Erick Jiménez, peza galardoada co Premio do Público no Certamen de Creación Coreográfica de Andalucía 2007.


Accesibilidade | Aviso legal
Facebook

Marca gráfica da Xunta de GaliciaAGADIC. Instituto galego das artes escénicas e musicais