AGADIC

Centro Coreográfico Galego

Castelán | Inglés

Contacto | Mapa web | Subscrición



A peza


Kirenia Fernández

Formouse en Nivel Medio Superior de Educación Técnica Profesional, na especialidade de actuación; na Escola Superior de Arte da Habana e como bailarina de danza contemporánea.

A súa primeira experiencia como bailarina tívoa coas pezas Si no fuera por ti e Ausencia, no Teatro Nacional de Cuba (1999). En 2000 realizou unha xira por Francia, Italia e España con El viaje, unha xira que tamén a levou ao Festival Agustín Lara de México. En 2001 participou no Festival Internacional de Danza Callejera Paisajes Urbanos da Habana. En 2002 estivo na Bienal de Danza de Lyon con Solamente una vez e Rosas y herencias e en 2003 participou nos festivais de Danza Itálica (Sevilla) e Mujeres en la Danza (Ecuador). En 2004 formou parte do Proxecto Danzario Cultural Sagrada Familia de Pisa (Italia) e en 2005 do Certame Coreográfico de Calvia, Mallorca.


Accesibilidade | Aviso legal
Facebook

Marca gráfica da Xunta de GaliciaAGADIC. Instituto galego das artes escénicas e musicais