AGADIC

Centro Coreográfico Galego

Castelán | Inglés

Contacto | Mapa web | Subscrición



A peza


Hannah Shakti

No 1988 comeza os seus estudos de danza en Italia. Diplomada en Danza Teatro Performing Arts, pola Universidade de Niza, Francia (2002-2003). De 2003 a 2006 realiza estudos no Laban Dance Center de Londres, na especialidade de Danza Teatro.

Realizou diferentes cursos con compañías e profesionais da talla de David Zambrano, Forsyth Dance Company, Les Slovaks, Janette Panetta & Ted Stoffer, Leon Baugh…
Traballou en Retina Dance Company (UK), Offjazz Junior Dance Company ( Niza) e con diferentes coreógrafos como Filip Van Hoffel, Jonathan Stone, Mark Lorimer, Zoi Dimitrou…

Coas súas propias creacións bailou no Bonnie Bird Theatre e Laban Theatre de Londres. Como profesora impartiu clases en escolas de primaria e secundaria de East Midlands (Reino Unido) dentro do programa educativo de Retina Dance Company. Tamén impartiu clases de danza para profesionais no Contemporary Dance School Lier, Bélxica.


Accesibilidade | Aviso legal
Facebook

Marca gráfica da Xunta de GaliciaAGADIC. Instituto galego das artes escénicas e musicais