AGADIC

Centro Coreográfico Galego

Castelán | Inglés

Contacto | Mapa web | Subscrición



A peza


Gabriella Máthé

Comeza os seus estudos de danza no Budapest Dancing School no ano 1994. No 1998 pasa a formar parte do Budapest Dance Group.

De 2002 a 2005 realiza estudos de coreografía no Hungary Dancing Collage. Traballa en Hungría con Idikó Mándy Company, Szeged Contemporary Company, József Hámor D.C, Eva Duda- Strike Dance Company.

Dende 2000 realiza as súas propias creacións coreográficas: Raw Material, Ragdoll Phisics, Anger, Separate, Splinter Dustů

Tamén ten feito unha creación de vídeodanza: Perished Tomato Dance. Como profesora de danza contemporánea, traballou no Estudio MMS de Arte e Movemento de Budapest.


Accesibilidade | Aviso legal
Facebook

Marca gráfica da Xunta de GaliciaAGADIC. Instituto galego das artes escénicas e musicais