AGADIC

Centro Coreográfico Galego

Castelán | Inglés

Contacto | Mapa web | Subscrición



A peza


FEMININE, Paulo Ribeiro

  • Coreografia: Paulo Ribeiro
  • Asistente de coreografía: Leonor Keil
  • Interpretación: Leonor Keil e São Castro
  • Coprodución: Compañía Paulo Ribeiro, Culturgest e Centro Coreográfico Galego
  • Colaboracións: Biarritz Culture, Festival Le Temps d'Aimer e Teatro Viriato

A Compañía Paulo Ribeiro é unha compañía portuguesa de danza contemporánea contemporánea fundada en 1995, como resultado do taballo do coreógrafo Paulo Ribeiro xunto a algunha das máis prestixiadas compañías de danza contemporánea europeas.

Nestes case 12 anos de actividade, esta compañía conquistou un importante lugar entre as máis recoñecidas compañías de danza contemporánea e portuguesa, presentándose regularmente nas principais salas de espectáculos nacionais, europeas e internacionais (nomeadamente Brasil e os Estados Unidos de América).

Con 18 producións realizadas, que espertan sempre o interese da crítica e do público e con unha audiencia global que xa ronda as 70.000 persoas, esta compañía recibiu aínda algúns dos máis importantes premios nacionais e estranxeiros.

É, desde 1998, a compañía residende no Teatro Viriato de Viseu, onde creou e implantou o seu proxecto e máis alá da actividade de creación, produción e intinerancia artísticas desenvolve un importante proxecto pedagóxico e de formación de públicos xunto á comunidade local, que inclúe aulas regulares de danza e teatro e tamén proxectos específicos para o público escolar, residencias, presentacións informais, etc. nun novo espazo en Viseu - Lugar presente.
Femenine

Accesibilidade | Aviso legal
Facebook

Marca gráfica da Xunta de GaliciaAGADIC. Instituto galego das artes escénicas e musicais