AGADIC

Centro Coreográfico Galego

Castelán | Inglés

Contacto | Mapa web | Subscrición



A peza


KIOSCO DAS ALMAS PERDIDAS, Roberto Oliván

Roberto Oliván regresa ao seu país despois dunha larga estancia en Bruxelas, onde desenvolve o seu traballo artístico como intérprete e creador ao lado de grandes profesionais da danza contemporánea coma Anne Teresa de Keersmaeker, Josse De Pauw, Trisha Brown ou Robert Wilson.

Pola súa experiencia como coreógrafo recibiu diferentes premios nacionais e internacionais. Desenvolve o seu traballo profesional en diferentes lugares;
baila, crea e ensina en Islandia, Israel, Costa Rica, Arxentina, Venezuela, Corea, e moitos lugares de Europa

A poesía, o movemento, a tradición, a vida urbana, as emocións e sensacións do noso contorno, o intercambio cultural..., son algunhas das características da obra de Roberto Oliván. O coreógrafo reflexiona sobre a vida e a nosa capacidade de resposta ante ela, que é o camiño cara á liberdade:

"Se tes unha resposta para cada situación es un robot. Se tes dúas respostas para cada situación atopas un dilema. Se tes tres solucións atópaste no inicio da flexibilidade. Pero só se se teñen infinitas solucións para cada situación, pódese aspirar á liberdade absoluta".
Kiosko das almas

Documentos


Accesibilidade | Aviso legal
Facebook

Marca gráfica da Xunta de GaliciaAGADIC. Instituto galego das artes escénicas e musicais