AGADIC

Centro Coreográfico Galego

Castelán | Inglés

Contacto | Mapa web | Subscrición



A peza


Giseliña

Cisco Aznar nace en 1972 en Badalona, en Cataluña, Cisco Aznar é diplomado de l’Ecole d’Art Dramatique et Chorégraphique de Barcelona.

Ao remate dos seus estudos, representa a España no Taller Coreográfico Europeo, en Luxemburgo.
En 1992, recibe unha bolsa para o Taller de Maurice Béjart Lausanne, participando na creación do ballet ‘Autour de Faust’’, e na de ‘Mister Chaplin’ co Béjart Ballet Lausanne.
Dende 1993 traballo tanto como bailarín como coreógrafo en Europa e en América Latina, concretamente con:

O Teatro do Liceo , en Barcelone, Julio Bocca e Anna Maria Stekelmann, en Bos Aires, o Grupo Vórtice, en Brásil, a Compañía Nomades, Paco Decina, Redha e Philippe Lizon, en Suiza.

En 1998, toma a dirección artística da Compañía Buissonnière, con base en Lausanne, para adicarse á creación das súas propias pezas:
«Peter Funk» - 1999
«Bochorno» - 2000
«Orlando» - 2001
«Lunatown» - 2001
«Lola la Loca» - 2003
«Parce que je t’aime» - 2004
«Le Vilain Petit Canard» - 2006
« Blumenkabarett » - 2007

Tamén creou:
«Adan y Pepa» para o Grupo Vórtice - 1998
«Sleep, sleep my sweet monsters» para l'Ecole de rythmique du Conservatoire de Bienne - 2001
« Coppélia» para o Ballet du Grand Théâtre de Genève - 2006

Cisco Aznar obtivo os seguintes galardóns:
Premio ao Mellor Espectáculo no Festival de Danse del Triangulo Mineiro, Brésil en 1998 - por «Adan y Pepa»
Premio Jeunes Créateurs pour la Danse da Fondation Vaudoise, en 2003.
Contrat de Confiance de la Ville de Lausanne, de l’Etat de Vaud et de Pro Helvetia, a partir de 2007, no equipo do Projet Danse.

Como profesor, Cisco ensinou danza clásica e contemporánea e dirixiu diversos obradoiros coreográficos. Concretamente em Barcelona, Brasil e na Academie Nationale d’Art Dramatique et de Cinema de Sofia no Conservatoire de Bienne en Suiza.

Accesibilidade | Aviso legal
Facebook

Marca gráfica da Xunta de GaliciaAGADIC. Instituto galego das artes escénicas e musicais