AGADIC

Centro Coreográfico Galego

Castelán | Inglés

Contacto | Mapa web | Subscrición



A peza


FEMININE, Paulo Ribeiro

Natural de Lisboa, Paulo Ribeiro, antes de se afirmar como coreógrafo, fixo carreira como bailarín en varias compañías en Bélxica e Francia. A súa estrea no dominio da creación coreográfica deuse en 1984, en París, no ámbito da compañía Stridanse, de que foi co-fundador, e que o levou á participación en diversos concurso daquela cidade, obtendo, en 1984, o premio de Humor e, en 1985, o segundo premio de Danza Contemporánea, ambos no Concurso Volinine.

De volta a Portugal, en 1988, comezou a colaborar coa Compañía de Dança de Lisboa e co Ballet Gulbenkian, para os que creou respectivamente Taquicardia (Premio Revelación do jornal Sete, en 1988) e Ad vitam. Co só de danza Modo de utilização, interpretado por el mesmo, representou a Portugal no Festival Europália 91, en Bruxelas.

A súa carreira de coreógrafo expándese no plano internacional, a partir de 1991, coa creación de obras para compañías de renome: Nederlands Dans Theater II (Encandos de servilo e Waiting for Volúpia), Nederlands Dans Theater III (New age); Grand Théâtre de Genève (Une histoire de passion); Centre Chorégraphique de Nevers-Borgoña (Le cygne renversé). Para o Ballet Gulbenkian, creará aínda: Inquilinos, Cuatro árias de ópera (en colaboración con Clara Andermatt, João Fiadeiro e Vera Mantero), Comédia Off-1.

Entre tanto, Paulo Ribeiro foi galardoado, en 1994, co Premio Acarte/Maria Madalena de Azeredo Perdigão pola obra Dançar Cabo Verde, encomenda de Lisboa 94 - Capital Europea da Cultura, realizada conxuntamente con Clara Andermatt.

E, en 1995, fundou a Compañía Paulo Ribeiro, subvencionada polo Ministerio de Cultura portugués, para a que creou as coreografías: Sábado 2, Rumor de deuses, Azul esmeralda, Memorias de Pedra - Tempo caído, Orock, Ao vivo, Comédia Off-2, Tristes europeus - Jouissez sans entraves, Sililcone não, Memórias de um sábado com rumores de azul, Malgré nous, nous étions là e Masculine.

O traballo coa súa propia compañía permitiulle a Ribeiro desenvolver mellor a súa linguaxe persoal como coreógrafo. A obra Rumor de deuses foi distinguida, en 1996, cos premios de Circulação Nacional, concedido polo Instituto Português do Bailado e da Dança e Circulação Internacional, concedido polo Centro Cultural de Courtrai, os dous incluídos no concursoMudanças 96.

Paulo Ribeiro recibiu tamén outros premios relevantes, como: premio de Autor nos V Rencontres Chorégraphiques Internationales de Seine Saint-Denis (Francia); o premio nova coreografía concedido polo Bonnie Bird Fund-Laban Centre de Gran Bretaña; o premio de Interpretación Colectiva concedido pola ADAMI (Francia); o premio Bordalo da Casa da Imprensa en 2001. E ademais do seu traballo de coreógrafo, Paulo Ribeiro desempeñou, entre 1998 e 2003 o cargo de Director xeral de programación do Teatro Viriato/CRAE, que obtivo en 1999 o Premio Almada do Instituto Portugués das Artes do Espectáculo polo traballo desenvolvido na área da danza.

Ribeiro foi director do Ballet Gulbenkian entre 2003 e 2005, para o que creou nese período as obras White e Organic beat, Organic Spirit, Organic cage, co que recibiu o premio Bordalo da Casa da Imprensa Portuguesa, en 2004.

Remontou para o Ballet de Lorraine a obra White feeling orxinalmente creada para o Ballet Gulbenkian e presentada en Nancy (Francia) en outubro de 2006.

En setembro de 2006 reasumiu novamente as funcións de director xeral e artístico do Teatro Viriato.
Femenine

Accesibilidade | Aviso legal
Facebook

Marca gráfica da Xunta de GaliciaAGADIC. Instituto galego das artes escénicas e musicais