AGADIC

Centro Coreográfico Galego

Castelán | Inglés

Contacto | Mapa web | Subscrición



A peza


Ovay,Quique Peón

Bailarín de danza tradicional galega. A súa actividade profesional céntrase na investigación e divulgación do folclore tradicional de Galicia. Ten unha longa traxectoria e un importante labor como profesor de baile e música tradicional galega. Formou parte de diversos grupos e na actualidade é o director do grupo de música e baile tradicional Xacarandaina dende o ano 1981. Formou parte do elenco da produción do CCG 'Kiosco das almas perdidas', dirixida por Roberto Oliván. Realizou labores de asistente coreográfico con Mercé de Rande.
Henrique Peón participou en numerosos festivais e xiras internacionais visitando: Portugal, España, Francia, Inglaterra, Bélxica, Italia, Hungría, Ucraína, Alemaña, Eslovaquia.

Accesibilidade | Aviso legal
Facebook

Marca gráfica da Xunta de GaliciaAGADIC. Instituto galego das artes escénicas e musicais