AGADIC

Centro Coreográfico Galego

Castelán | Inglés

Contacto | Mapa web | Subscrición



A peza


KIOSCO DAS ALMAS PERDIDAS, Roberto Oliván

Estamos seguros de que estamos vivindo a nosa propia vida da maneira que desexaríamos? Estamos no lugar correcto e do xeito adecuado?... Sexo, cartos, satisfacción persoal, familia, profesión, supervivencia, tranquilidade, comodidade, traballo... son conceptos e termos moi actuais e presentes na vida cotiá. Sensacións de ser utilizados e integrados nunha máquina social que habitualmente non devolve satisfacción nin sensación de plenitude.

Seguimos loitando por atopar a felicidade desexada do mesmo xeito que as raíces dunha árbore seguen rompendo o asfalto construído na súa superficie. Kiosco das almas perdidas aproxímanos a realidades paralelas dentro das fantasías de cada persoa. Mostra como eses pequenos momentos de felicidade dan sentido á nosa existencia insignificante nalgunhas situacións.

Os nosos días son tempos confusos nos que os valores humanos e a ética (ou falta dela) se cuestionan tamén. Hai espazo para o altruísmo cando o noso propio espazo se sente invadido? Quizais sexa hora dunha revolución espiritual cando todos os principios e valores humanos parecen ter perdido a súa orientación? Forma parte a natureza da nosa existencia ou tan só nos importa o noso pracer individual ignorando as leis naturais universais? Sabemos poñer límites aos nosos desexos?

O Kiosco das almas perdidas é un espectáculo hibrido de danza, teatro, música en directo, ilusionismo, vídeo e animación. A representación no escenario reflicte a situación metafórica duns individuos expulsados, desconectados e abandonados pola harmonía universal. A nova situación obrígaos a entender como reorganizarse, a atopar una nova formula de supervivencia.

Unha Forza Maior perdeu o control sobre eles e xa non queda ningunha outra solución que desfacerse deles. É así como estes personaxes se encontran nun lugar que non coñecen, nin recoñecen aos outros individuos que están nesa mesma situación.

Este é o punto de partida para unha nova xeración. Unha xeración de Almas Perdidas. Un estado no que cuestionarse persoal e colectivamente de xeito constante. Poñer en dúbida se o prioritario é a vida palpable ou a vida paralela das ideas e desexos. Un estado de revolución espiritual onde o xa vivido pasa a ser unha premisa de validez cuestionable.
Kiosko das almas

Documentos


Accesibilidade | Aviso legal
Facebook

Marca gráfica da Xunta de GaliciaAGADIC. Instituto galego das artes escénicas e musicais