AGADIC

Centro Coreográfico Galego

Castelán | Inglés

Contacto | Mapa web | Subscrición



A peza


Giseliña

O CCG convida na tempada 2008-2009 ao coreógrafo Cisco Aznar, que levará a escena unha libre adaptación de Giselle. Contará neste proxecto co traballo de 13 bailaríns e a colaboración de diversos profesionais galegos do mundo da arte.

En Giselle, danse cita os grandes temas que marcaron o romanticismo: o culto á naturaza e o gusto polo irracional.
A simplicidade rural en oposición á axitación enxendrada polas cidades.
O universo dos soños tracendendo o prosaico e materialista do mundo real.
A través das súas creacións, os românticos reclaman liberdade de expresión para a súa sensibilidade.
Antepoñen o seu eu sufrido e os seus ideais de pureza, á moderación inculcada polo pensamento racional.
Rinden culto ós estados primitivos, á inspiración espontánea e ás pasións violentas.
Investigan nos soños, no sobrenatural, no estraño, no divino e nun pasado glorioso e lexendario.
Aman o mórbido e a morte.

Accesibilidade | Aviso legal
Facebook

Marca gráfica da Xunta de GaliciaAGADIC. Instituto galego das artes escénicas e musicais