Aínda
Jardí Tancat
A coreografía
Jardí Tancat foi estreada polo Nederlands Dans Theater en 1983 e, na actualidade, forma parte do repertorio do Ballet de Teatres da Generalitat Valenciana. A montaxe, reestreada no Teatro Albéniz de Madrid en 1992 no inicio da etapa de Nacho Duato como director da Compañía Nacional de Danza, está debuxada por solos, dúos e momentos corais, que adquiren unha profunda impresión de ligazón á terra.
En
Jardí Tancat, María del Mar Bonet canta e pon música a centenarios textos populares cataláns, que navegan entre a tristura e a melancolía.
Aínda
- Coreografía: Amaury Lebrun e M. Suárez
Esta peza mestura a danza contemporánea coa tradicional galega, co obxectivo de reflectir o potencial da cultura de Galicia. Sendo máis próxima ao estilo contemporáneo, ten porén un marcado carácter galego, xa que se introducen xestos da danza popular de total expresividade. A música está inspirada tamén en melodías tradicionais galegas.