AGADIC

Centro Coreográfico Galego

Castelán | Inglés

Contacto | Mapa web | Subscrición



A peza


A BELA ADORMECIDA

O argumento

Estreado no ano 1890 no Teatro Mariinski de San Petesburgo, A bela adormecida é un dos máis aclamados ballets do repertorio clásico internacional. Con coreografía de Petipa, libreto de Vsevolojski e música de Tchaikovski, a versión orixinal estrutúrase nun prólogo e tres actos, dos que os dous primeiros céntranse na historia homónima escrita polo francés Charles Perrault en 1697, mentres que o terceiro recrea outros contos do mesmo autor, como o Gato con botas, Carapuchiña vermella ou O paxaro azul.

A adaptación do Centro Coreográfico Galego concentra en dous actos a historia da princesa Aurora, filla do rei Florestán XXIV. Durante a celebración do bautizo da pequena, a malvada bruxa Carbousse preséntase no pazo real furiosa por non se atopar entre os convidados ao festexo e lanza unha maldición sobre a princesa: cando cumpra dezaseis anos morrerá ao picarse cun fuso. A maldición deixa arrepiados a todos os presentes, pero a Fada das Lilas aínda ten pendente a entrega do seu regalo: "O meu presente é que esta nena non morrerá, caerá nun sono e será espertada por un bico de amor".

Accesibilidade | Aviso legal
Facebook

Marca gráfica da Xunta de GaliciaAGADIC. Instituto galego das artes escénicas e musicais