FEMININE, Paulo Ribeiro
Dicía Fernando Pessoa: Son, en primeiro lugar, un razonador, e, o que é peor, un raciocinador minucioso e analítico. Agora o público non é capaz de seguir un raciocinio, e o público non é capaz de prestar atención a unha análise.
Son, en segundo lugar, un analizador que busca, canto en si cabe, descubrir a verdade. Agora o público non quere a verdade, si a mentira que máis lle agrade. Acontece que a verdade -en todo, e maiormente en cousas sociais- é sempre complexa. Agora o público non comprende ideas complexas. É preciso darlle só ideas simples, xeralidades vagas, isto é, mentiras, aínda que partindo de verdades; pois dar como simples o que é complexo, dar sen distinción o que cómpre distinguir, ser xeral onde importa particularizar, apra definir, e ser vago en materia onde o que vale é a precisión -todo isto importa en mentir.
E Paulo Ribeiro di: En que punto se sitúa a fricción que desencadea o sublime? Que presuposto encarna o movemento esencial? De que forma, escravos do tempo, podemos perpetualo? Como poderá a clausura orixinar o seu oposta e a rutina clarividencia?
Hai cuestións que nos acompañan sempre, hai persoas que están sempre presententes, hai dúbidas que non deben ser esclarecidas, elas son a razón paa estar atento. Non son precisas respostas. Precisamos do encantamento, precisamos practicar a simplicidade para atinxir o fascinante da multiplicidade.
Apostamos, determinados na utopía como segredo de vida, deixamos o caos deleitarse sen recorrer ao ruído. Aproximarémonos á inmensa persoa de Pessoa, porque coma el calcamos nas mesmas pedras inconformados por continuarmos aquí!!!