AGADIC

Centro Coreográfico Galego

Castelán | Inglés

Contacto | Mapa web | Subscrición



A peza


CONCERTO DESCONCERTO, cía. Entremáns

Concerto Desconcerto é unha peza onde os/as bailaríns/as executarán a música a partir do movemento, recreando o espazo sonoro de cada escena.
Poñerlle son ó movemento, deixar escoitar a danza, descubrir un mundo de sensación sonde a música nace do propio intérprete
Nesta peza o público pode verse involucrado, tomando certo protagonismo no transcurso da representación, desarticulando o espazo escénico formal e transformando toda a sala nun espazo en común.

O proceso de traballo de Concerto Desconcerto desenvolveuse a partir de
diferentes propostas persoais. Estas propostas nacen de diferentes motivacións:unha pintura, unha música, un texto, un vestiario, unha pauta física concreta ou un elemento escenográfico. A improvisación é unha ferramenta importante dentro do proceso creativo, xa que cada movemento en escena está creado por e para cada intérprete, sendo o resultado a unión de cada proposta individual.
O movemento que buscamos nesta peza nace da investigación duns xestos cotiás enmarcados nun contexto concreto, que leva intrínseca unha musicalidade, unha calidade e unha temperatura especial. Apropiándose da historia vivida por cada un deles, onde nacen, como medraron, a súa familia, os seus amigos, situacións, conflitos, decisións,… todos os recordos e vivencias, reencontrándose co pasado.

A música neste traballo é un eixo fundamental dentro da peza xa que os intérpretes crean o espazo sonoro de cada escena recurrindo a sons previamente elaborados ou executados en vivo. Os textos dos temas musicais foron creados persoalmente para cada escena, existindo un tempo previo de laboratorio para descubrir o mundo sonoro do propio intérprete e o seu movemento.
A música foi utilizada como pauta na busca do material físico, dando prioridade ao peso sonoro do movemento. O traballo do espazo sonoro está apoiado no asesoramento musical da artista galega Mercedes Peón.
Concerto desconcerto

Accesibilidade | Aviso legal
Facebook

Marca gráfica da Xunta de GaliciaAGADIC. Instituto galego das artes escénicas e musicais