AGADIC

Centro Coreográfico Galego

Castelán | Inglés

Contacto | Mapa web | Subscrición



A peza


Ovay,Quique Peón

Quique Peón afronta este reto en solitario despois de levar moitos anos a traballar no eido da música e a danza tradicional de Galicia. O espectáculo está concibido coma unha especie de musical no que se fusiona a música, o canto, o baile, a percusión e o teatro.
Ovay quere amosar a forma de expresión masculina utilizando un amplísimo abano de movementos tradicionais galegos, que aínda están por explorar, e que se queren contemporalizar achegándoos os nosos días.
Para isto introdúcense nas frases tradicionais achegas á danza contemporánea, tentando non perder o esencial, o cerne do noso espírito, a nosa expresividade, indo máis aló do virtuosismo do bailarín e achegándonos ao seu interior, fusionando os instrumentos, o canto e o teatro co mesmo baile, facendo que o espectador recoñeza e redescubra, a un tempo, o seu.

Accesibilidade | Aviso legal
Facebook

Marca gráfica da Xunta de GaliciaAGADIC. Instituto galego das artes escénicas e musicais