AGADIC

Centro Coreográfico Galego

Castelán | Inglés

Contacto | Mapa web | Subscrición



Bitácora


Bitácora

O Centro Coreográfico Galego dentro dos seus obxectivos de apoio á creación artística e á formación para profesionais inicia unha liña editorial na que se recollerán os bosquexos, as notas e a evolución do camiño que vai da xestación até a presentación final de cada peza coreográfica. A colección Bitácora ten, polo tanto, vocación de poñer á vista os procesos creativos.

Un proxecto co que se plasma en imaxes o percorrido que vai dende a idea á palabra e dende a palabra ao movemento, nun proceso no que se atopan as diversas disciplinas artísticas. Bitácora será, polo tanto, un espazo no que deixarán a súa pegada todos os elementos e persoas que configuran o proceso creativo dende o/a coreógrafo/a, escenógrafo/a, iluminador/a e figurinista até os/as músicos/as. Son eles os que debuxan a peza que os/as intérpretes poñen diante dos nosos ollos.

Accesibilidade | Aviso legal
Facebook

Marca gráfica da Xunta de GaliciaAGADIC. Instituto galego das artes escénicas e musicais