AGADIC

Centro Coreográfico Galego

Castelán | Inglés

Contacto | Mapa web | Subscrición



Profesionais e estudantes



Profesionais e estudantes

O programa de formación para profesionais e estudantes está dirixido a aquelas persoas que traballan ou se están a formar no eido da danza e das artes do movemento, así como noutras disciplinas artísticas que toman a danza como referencia, a través de obradoiros, seminarios e encontros con profesionais de ámbito nacional e internacional.

Obradorios / Seminarios - DANZA CONTEMPORÁNEA E MODERNA

Cursos setembro 2017

[04/09/2017 - 17/09/2017] Con Bárbara Monteagudo e Fernando Lázaro



Beatriz Pérez y Kirenia Martínez Obradorios / Seminarios - PROGRAMA FORMATIVO 2017

Curso de danza contemporánea: técnica e creación artística

[22/05/2017 - 26/05/2017] Con Beatriz Pérez e Kirenia C. Martínez, da Cía. Entremans



Ana Abad Carlés Obradorios / Seminarios - PROGRAMA FORMATIVO 2017

Ensino e análise do repertorio coreográfico

[08/05/2017 - 12/05/2017] Con Ana Abad Carlés



Obradorios / Seminarios - DANZA CLÁSICA

Curso con Óscar Torrado

[10/04/2017 - 14/04/2017] Programa formativo 2017



Obradorios / Seminarios - DANZA CLÁSICA

Programa formativo 2016: cursos de verán

[11/07/2016 - 12/08/2016] Con Gonzalo Zaragoza, Orlando Salgado e Marta García Peñate, Tino Morán e Lázaro Carreño



Obradorios / Seminarios - 2016

Curso de danza clásica e repertorio de 'Don Quixote'

[21/03/2016 - 25/03/2016] Impartido por Marta García e Orlando Salgado (PRAZAS ESGOTADAS)



Obradorios / Seminarios - 2015

Cursos gratuítos de danza clásica

[21/11/2015 - 18/12/2015] Con Miguel Ángel Ponte, Berta Secall, Astrid Molinero e Juan Miguel Hernández



Gonzalo Zaragoza no Centro Coreográfico Galego Obradorios / Seminarios - DANZA CLÁSICA

Curso de metodoloxía da danza clásica

[10/10/2015 - 12/10/2015] Con Gonzalo Zaragoza



cursos setembro Obradorios / Seminarios - DANZA CLÁSICA, MODERNA, CONTEMPORÁNEA E CONTACT IMPROVISACIÓN

Programa de formación 2015: setembro

[01/09/2015 - 13/09/2015] Con Cristina Gallardo, Christelle Horna, Amaury Lebrun e Fernando Lázaro



cursos xullo Obradorios / Seminarios - DANZA CLÁSICA, NEOCLÁSICA E CONTEMPORÁNEA

Programa de formación 2015: xullo

[29/06/2015 - 31/07/2015] Con Íker Gómez, Ángel Rodríguez, Jordi Vilaseca, Antonella Sampieri, Gonzalo Zaragoza e Virginia Valero



Aniruddhan Vasudevan Obradorios / Seminarios - DANZA BHARATANATYAM

Curso de Danza Bharatanatyam organizado pola ONG Implicadas no Desenvolvemento

[04/06/2015 - 07/06/2015] Do 4 ao 7 de xuño na sede do Centro Coreográfico Galego, co bailarín támil Aniruddhan Vasudevan. Completarase coa exhibición dunha peza creada xunto ao alumado no espectáculo que terá lugar no Centro Ágora o domingo 7



Obradorios / Seminarios - XANEIRO-XUÑO 2015

Programa de formación 2015: primeiro semestre

[31/01/2015 - 31/05/2015] Con Láraro Carreño, Ana Abad Carlés, Catherine Turocy e Ana Serantes García



Programación expandida TRC Danza Obradorios / Seminarios - PROGRAMACIÓN EXPANDIDA DE TRC DANZA

Abrir unha práctica física con [Jean Philipe Dury]

[14/11/2014 - 14/11/2014] Coincidindo coa actuación da Elephant in the Black Box Company no Teatro Rosalía Castro da Coruña, o seu fundador e director imparte esta acción formativa o venres 14 de novembro no CCG dentro da programación expandida do ciclo TRC Danza



Carmen Roche Obradorios / Seminarios - OUTONO 2014

'Master class' con Carmen Roche

[08/11/2014 - 08/11/2014] Coincidindo coa actuación do Ballet Carmen Roche na Coruña, a súa fundadora e directora ofrecerá unha master class e unha charla-coloquio na sede do CCG o sábado 8 de novembro



Obradorios / Seminarios - OUTONO 2014

Obradoiros gratuítos de danza clásica e contemporánea

[04/10/2014 - 20/12/2014] Con Alexis Fernández (La Macana), Bárbara Monteagudo, Kirenia Martínez, Armando Martén e Beatriz Pérez (Entremáns), Christelle Horna e Juan Miguel Hernández



Obradorios / Seminarios - XULLO E DECEMBRO

Programa de formación 2014: talleres de danza

[30/06/2014 - 05/12/2014] Con Eva Pérez Atienza, Virginia Valero, Ángel Rodríguez e Lázaro Carreño



Amaury Lebrun Obradorios / Seminarios - 2013

Curso de danza contemporánea

[09/12/2013 - 13/12/2013] Con Amaury Lebrun



Obradorios / Seminarios - XULLO 2012

Obradoiros de danza clásica e contemporánea

[09/07/2012 - 27/07/2012] Programa formativo de verán con Luciano Gómez, Déborah Alfaya, Raquel González, Armando Martén, David Loira, Hervé Ilari, Paula de Castro e Mercedes Suárez



Eva Bertomeu Obradorios / Seminarios - 2011

Taller de composición coreográfica. Técnica Limón

[05/09/2011 - 09/09/2011] Con Eva Bertomeu



Toni Aparisi Obradorios / Seminarios - 2011

Taller de composición coreográfica con Toni Aparisi

[26/07/2011 - 30/07/2011] Do 26 ao 30 de xullo na sede do CCG



Paula de Castro e Hervé Ilari Obradorios / Seminarios - 2011

Clases maxistrais de danza clásica, puntas e repertorio

[26/07/2011 - 30/07/2011] Cos primeiros bailaríns de L'Opéra de Nice Paula de Castro e Hervé Ilari



Julio César Iglesias Obradorios / Seminarios - 2011

Curso intensivo de danza contemporánea 'Fighting Tools'

[15/07/2011 - 17/07/2011] Co bailarín e coreógrafo Julio César Iglesias



Angel Corella Obradorios / Seminarios - 2010/2011

Clase maxistral de danza clásica con Ángel Corella

[04/06/2011 - 04/06/2011] 4 de xuño na sede do CCG



África Hernández Obradorios / Seminarios - 2010/2011

Taller de metodoloxía de danza académica. Sistema Vaganova (teoría e práctica)

[14/03/2011 - 18/03/2011] Con África Hernández



Obradorios / Seminarios - 2010/2011

Ciclo de clases maxistrais de danza clásica e contemporánea

[07/02/2011 - 11/02/2011] Con Déborah Alfaya Gottschalk, David Loira, Maite Quiñones, Celia López Hernández e Paloma Pérez-Colomer



Obradorios / Seminarios - 2010/2011

Taller de movemento e expresión

[24/01/2011 - 27/01/2011] Impartido por Marta Schinca



Obradorios / Seminarios - 2011

Master class con Paula de Castro

[03/01/2011 - 05/01/2011] Clases maxistrais de danza clásica coa primeira bailarina do Ballet de l'Opéra de Nice.



Obradorios / Seminarios - 2010

Taller de acompañamento musical

[13/12/2010 - 17/12/2010] Impartido por Roberto Beceiro Vilar



Obradorios / Seminarios - 2010

Taller de danza tradicional galega

[08/11/2010 - 12/11/2010] Impartido por Calixto Albán Laxe



Obradorios / Seminarios - 2010

Taller para profesores de danza

[13/09/2010 - 17/09/2010] Impartido por Ana Abad Carlès



Obradorios / Seminarios - ENCONTROS EUROPEOS

Tour de Europa de Coreógrafos: programa formativo

[12/09/2010 - 02/07/2011] Examinadas as 15 solicitudes recibidas en prazo de coreógrafos interesados en participar neste proxecto formativo -inserido no programa de aprendizaxe permanente Leonardo da Vinci- e logo da comprobación dos requisitos esixidos, a Agadic acorda a aceptación no programa de MARTA ALONSO TEJADA e JESÚS RUBIO GAMO.



Obradorios / Seminarios - 2010/2011

Clases abertas de danza clásica

[12/07/2010 - 30/06/2011] A cargo da directora do Centro Coreográfico Galego, Mercedes Suárez, e das profesoras Beatriz Ponlla e Belén Vázquez.



Obradorios / Seminarios - 2010

Master class coa Merce Cunningham Dance Company

[24/06/2010 - 28/06/2010] Impartidas por Robert Swinston, director de coreografía da Merce Cunningham Dance Company dende 1992, e Jennifer Goggans, bailarina da compañía norteamericana.



Obradorios / Seminarios - 2010

Programa formativo

[26/04/2010 - 17/12/2010] Ciclo de master class (abril-maio) e talleres (setembro-decembro)



Obradorios / Seminarios - CICLO DE MASTER CLASS 2010

Danza clásica

[26/04/2010 - 30/04/2010] Máster class impartida por Hervé Ilari



Obradorios / Seminarios - CURSO 'OS LUGARES DO CORPO'

Claudia Faci imparte o curso 'Os lugares do corpo' no CCG

[16/03/2009 - 27/03/2009] Do16 ao 20 e do 23 ao 27 de marzo a bailarina e coreógrafa Claudia Faci impartirá no Centro Coreográfico Galego o curso ‘Os lugares do corpo’. Este taller está dirixido á bailarins e actores profesionais e a estudantes de nivel medio-alto. Atoparás toda a información desta actividade no seguinte arquivo.



Obradorios / Seminarios - WORKSHOP DE DANZA

Workshop de danza con André Braga

[19/01/2009 - 22/01/2009] Ao comezo da danza temos un tema, un universo de poemas e de imaxes. Despois ao longo do proceso creativo imponse a materia, o obxecto: unha cadeira, unha chaqueta.
O obxecto ten un modo particular de abordalo, igual que o corpo. O corpo que danza e presenta múltiples cuestións.
O corpo: centro, raíces, extremidades e puntos de fuga. O corpo do outro, o corpo como obxecto. O obxecto como corpo. A gravidade e a súa ausencia. As memorias do corpo. As memorias do obxecto. Xuntamos o espazo de representación e seguimos... o espazo como obxecto. O obxecto fai o espazo. O equilibrio do espazo...
Traballando sobre a exploración, a improvisación e a composición de movemento, procuraremos sistematizar un posible método de desenvolvemento da creación artística.



Obradorios / Seminarios - TALLER DE DANZA CON PETER MICHAEL DIETZ (CÍA. PAULO RIBEIRO)

O Corpo Dinámico

[15/12/2008 - 19/12/2008] Este workshop pretende enfocar dende o chan as conexións verticais.
Tendo como base a fi sicalidade, imos traballar as articulacións, músculos, tecidos, fluídos corporais, establecendo relacións co espazo, o timing dos movementos e clarifi cando as direccións do corpo, activando o corpo e a mente, a través da nosa presenza e vontade de continuar.



Obradorios / Seminarios - Curso de danza contemporánea con David Zambrano

Taller de Flying Low

[06/10/2008 - 17/10/2008] Este taller céntrase principalmente na relación do bailarín co chan.
A clase utiliza patróns de movemento sinxelos que exercitan a respiración, a velocidade e a liberación de enerxía a través do corpo para conseguir activar a relación entre o centro e as articulacións, desprazándose cara dentro e cara fóra dende o chan coa maior eficacia ao manter unha posición centrada. Hai unha focalización na estrutura do esqueleto que axuda
aos bailaríns a mellorar a percepción física e a estar alerta. A clase consta traballo en parellas e frases de movemento, Que exploran as leis fundamentais da física: cohesión e expansión.



Obradorios / Seminarios - OFERTA FORMATIVA 2008-2009

Taller de danza contemporánea con Gustavo Ramírez

[15/09/2008 - 26/09/2008] O coreógrafo e bailarín Gustavo Ramírez imparte este obradoiro -do 15 ao 19 e do 22 ao 26 de setembro na sede do CCG- con tres partes diferenciadas que abranguen o traballo técnico de base, a práctica de repertorio e a creación ou composición.



Obradorios / Seminarios - OFERTA FORMATIVA 2008-2009

Taller 'De-construcións coreográficas' con Bárbara Bañuelos

[15/09/2008 - 19/09/2008] Taller relacionado co proxecto 90dB de Bárbara Bañuelos, artista residente do Centro Coreográfico Galego que no mes de setembro realiza a súa estadía na Sala Galán de Santiago de Compostela.



Obradorios / Seminarios - OFERTA FORMATIVA 2008-2009

Taller de produción con Montserrat Prat

[08/09/2008 - 12/09/2008] Este curso ten como obxectivo non só aprender a definir a proposta artística cumprindo un encargo dado, senón a organizarse como empresa, creando unha dirección de proxecto, equipo e responsabilidades, definindo ámbitos, valorando a capacidade de acción e reacción, o risco económico, a busca de socios e colaboradores puntuais...



Obradorios / Seminarios - FORMACIÓN PARA MEDIADORES CULTURAIS E EDUCATIVOS

Curso de Psicodanza

[30/06/2008 - 04/07/2008] Este taller pretende ofrecer a psicodanza como método de traballo para favorecer o desenvolvemento, a capacidade de coordinación, movemento, equilibrio, conciencia do corpo e estrutura do espazo e do tempo das persoas.

A psicodanza válese da arte do movemento para proporcionar técnicas para o desenvolvemento das persoas con necesidades educativas especiais e propiciar a súa integración na sociedade.

Emprega a arte da danza e do teatro como elemento para o desenvolvemento integral do individuo.



Obradorios / Seminarios - FORMACION PARA PROFESIONAIS - MEDIACIÓN CULTURAL

Ferramentas para programar a danza

[24/05/2008 - 24/05/2008] Descargar o pdf.
Nesta xornada ofreceranse, de xeito creativo e ameno, ferramentas para que o público poida gozar mellor da danza e contribuír ó coñecemento da danza contemporánea; para poder así difundir esta arte entre os públicos.
Un taller para que os programadores culturais se acheguen ao mundo da danza, dende unha perspectiva histórica e artística introducíndose na súa linguaxe e chegar a unha maior comprensión da mesma.



Obradorios / Seminarios - FORMACION PARA PROFESIONAIS

Curso de Técnica Release con Lipi Hernández

[05/05/2008 - 16/05/2008] Descargar o pdf do curso
Este taller baseado na técnica reléase esta dirixido tanto aos profesionais da danza coma a aqueles que sendo principiantes estean interesados en descubrir o movemento, levándoo á práctica e perfeccionándoo.
A tradución literal da palabra inglesa reléase, é soltar, liberar, desapertar, afrouxar. A técnica reléase consiste nun traballo de aliñación ou colocación do corpo, baseado no coñecemento anatómico do esqueleto, o que nos permite tomar conciencia deste, e do seu funcionamento, para utilizalo cunha maior liberdade.
O taller pretende ser un laboratorio das posibilidades do movemento e de expresión a través do corpo escénico, para así chegar á apropiación persoal do mesmo. En definitiva, abrir procesos creativos persoais a través dunha clase de técnica e improvisación que nos acheguen a novas posibilidades de comunicación a través da danza.



Obradorios / Seminarios - A DANZA COMO RECURSO PARA O TRABALLO CON PERSOAS DE NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS

Corpo, movemento e integración

[05/05/2008 - 01/06/2008] Este taller pretende traballar a exploración do noso propio corpo e explorar a riqueza de movementos. Desenvolvendo o proceso creativo e o encontro e integración cos outros dende o movemento.

A danza como canal expresivo que propicia as relacións interpsiquicas, ferramentas que canaliza as relacións no ámbito personal e sociocultural xunto á función primordial, remediadora e estimuladora de superación e enriquecemento individual producindo intensidades e emocións na dimensión relacional do todo neno.

O Centro de Integración e Innovación Psicopedagóxica ‘O Pelouro’, traballa a psicodanza dende o desenvolvemento saudable e terapéutico dende hai máis de 30 anos. O ‘Pelouro’ é pioneiro dende 1973 na súa acción de práctica reflexiva, de investigación-acción experimental , sociocognición, coñecemento e outros principios de dialogicidade, recursión hologramática, dentro do enfoque de ‘normalización’. É unha escola en uso da diversidade cun modelo transdisciplinar neuro-psico-sociopedagóxico, capaz de propiciar a integración saudable de nenos normais con outros con déficits psicosociocognitivos e transtornos xeralizados do desenvolvemento, psicoses, síndrome de Down e outros.

A integración é esencial na concepción desta institución pedagóxica ‘para todo neno’, e implica unha Escola Sistémica de ‘Arquitectura de Módulos Conexionada’ interactuados en dinámicas de grupos vitais, en ‘Igualdade de Oportunidades’, na Diversidade socio-escolar dende a práctica de Función de grupos Dinámicos e a ciencia integrada.

O grupo ‘Eudanza’, formado por alumnos do centro, nace dun proceso de busca e investigación desenvolvida dende hai máis de 30 anos no centro de innovación e integración ‘O Pelouro’. A Psicodanza creadora de interaccións en nexos contextuais intersectivos e fomento da diversidade. Desenvolvendo en espazos articulados dende o significado representado en dinámicas corporais.



Obradorios / Seminarios - CURSO DE MEDIACIÓN CULTURAL

As novas relacións cos públicos

[04/04/2008 - 06/04/2008] Neste taller partimos do exemplo do Parque de la Villette para establecer novas relacións cos públicos. Este centro cultural parisino é unha referencia internacional que desenvolve un importante traballo de relación co seu público. No 2002 creou un ‘taller do espectador’, que acolle regularmente a persoas en contacto con públicos (profesores, formadores de grupos sociais, profesionais de estruturas culturais…) que queren comprender mellor o espectáculo, para poder transmitilo mellor. Este programa completarase cunha clase de Olga Mesa na que explicará os códigos de acceso ás disciplinas e ás estéticas do espectáculo contemporáneo axudándolle aos participantes a desenvolver as súas capacidades de transmisión da curiosidade e o interese polo espectáculo. Dentro do programa do curso, Olga Mesa presentará o seu espectáculo: ‘Sólo a ciegas’ na Sala Nasa de Santiago de Compostela.



Obradorios / Seminarios - DANZA CONTEMPORÁNEA

Curso de danza contemporánea con Ángels Margarit

[10/03/2008 - 13/03/2008] Este taller estrutúrase en dúas partes. Unha parte técnica cunha duración de dúas horas,na que se realizarán exercicios de adestramento e quecemento; e outra parte de tres horas de duración, na que se traballará con material de Mudances, compañía dirixida por Àngels Margarit, prestando atención ao repertorio, á improvisación e á composición.



Obradorios / Seminarios - BALLET CLÁSICO

Clase maxistral de Ballet Clásico con Christiane Marchant

[07/03/2008 - 07/03/2008] Clase de ballet clásico.



Obradorios / Seminarios - ADESTRAMENTO REGULAR PARA BAILARINS E OUTROS PROFESIONAIS DAS ARTES DO MOVEMENTO

Formación Regular de Pilates

[05/03/2008 - 27/06/2008] Descargar o pdf. do curso
Co método Stott Pilates desenvólvese un programa específico de traballo corpo-mente, encamiñado a conseguir a nivel físico: flexibilidade, forza, resistencia e potencia da zona abdomino-lumbar e erectores da columna; e a nivel mental: relaxación, propiocepción e un control corpo-mente. É unha técnica coa que acadar unha maior eficacia no movemento, a mellora do equilibrio e a coordinación; e coa que aliviar o estrés, previr as lesións e reeducar a postura.



Obradorios / Seminarios - ADESTRAMENTO REGULAR PARA BAILARINS E OUTROS PROFESIONAIS DAS ARTES DO MOVEMENTO

Formacion Regular de Ioga

[03/03/2008 - 24/06/2008] Descarga o pdf do curso
O ioga é unha técnica que traballa o corpo, a mente e o espírito; unha disciplina integral a través da que acadar o equilibrio. É unha ferramenta esencial para bailaríns e outros profesionais Das artes do movemento, coa que tomar conciencia e control do propio corpo, e coa que espertar a conexión entre este e a mente. O ioga é unha práctica cada vez máis empregada como adestramento polos bailaríns porque lles permite levar a cabo un movemento consciente, acadando o equilibrio necesario entre forza e flexibilidade.



Obradorios / Seminarios - CLASE MAXISTRAL

Àngels Margarit no Espacio Aberto de Compostela

[11/01/2008 - 11/01/2008] Ángels Margarit imparte no Espacio Aberto de Compostela (Rúa de San Pedro 48 baixo), unha clase maxistral, gratuíta, en horario de 15:30 a 18:00 horas. Unha clase organizada polo Centro Coreográfico, que conta coa colaboración do Salón Teatro. Trátase dunha clase maxistral de aproximación á linguaxe que a profesora ten elaborada a través das creacións para a compañía Mudances.



Obradorios / Seminarios - CLASE MAXISTRAL

Paulo Ribeiro en Compostela

[22/12/2007 - 22/12/2007] A clase maxistral que Paulo Ribero ofrecerá na Sala Galán vai constar de dúas partes: a primeira de quecemento e a segunda para traballar a técnica e a composición. "Cando ensino ou cando fago unha coreografía hai tres cousas que me parecen esenciais para a madureza dun/dunha intérprete: a versatilidade, a axilidade e unha xenerosa consciencia dun mesmo", asegura Ribeiro.



Obradorios / Seminarios - MÚSICA

Obradoiro de composición musical

[26/11/2007 - 27/11/2007] Un obradoiro que pretende amosar o proceso creativo da composición musical para a súa posible aplicación noutras disciplinas artísticas, nomeadamente a creación coreográfica.



Obradorios / Seminarios - CLASE MAXISTRAL

Teresa Navarrete e Miguel Marín

[05/11/2007 - 05/11/2007] Teresa Navarrete e a música en directo de Miguel Marín achegan o traballo da compañía de danza Erre, e tamén a súa fórmula para crear en grupo.



Obradorios / Seminarios - NOVA GALEGA

Danza, na busca dunha identidade propia

[22/10/2007 - 26/10/2007] Nova Galega de Danza imparte este obradoiro, en horario de 10:00 a 14:00 horas dende o vindeiro 22 de outubro. O obxectivo é o de expandir o concepto da danza galega ao maior número de profesionais da danza e así conseguir atraer a atención de bailaríns/bailarinas e creadores/as na busca dun novo xeito de entender a danza para que se convirta nun identificador da nosa cultura.



Obradorios / Seminarios - PARA BAILARÍNS E COREOGRÁFOS

Curso de ritmo e percusión con Suso Vaamonde e Xosé Lois Romero

[08/10/2007 - 09/10/2007] Os días 8 e 9 de outubro, en horario de 09:00 a 14:00 horas, un total de quince persoas poden asistir ao curso de Ritmo e Percusión para Bailaríns/Bailarinas e Coreógrafos/as que imparten, nas instalacións do Centro Coreográfico Galego, Suso Vaamonde e Xosé Lois Romero. A matrícula custa 40 euros.



Obradorios / Seminarios - MOVEMENTO FÍSICO NA ESCENA

Forza e fraxilidade con Iñaki Azpillaga

[10/09/2007 - 14/09/2007] O profesor Iñaki Azpillaga, da compañía de Win Wandekeybus, é o encargado de impartir o obradoiro sobre movemento físico e a súa aplicación na escena, Forza e Fraxilidade. Un obradoiro que terá lugar entre o 10 e o 14 de setembro en horario de 10:00 a 14:00 horas.



Imaxe do cartel Obradorios / Seminarios - PARA PROFESIONAIS

Metodoloxía para profesores de danza con Martim Padrom

[16/07/2007 - 21/07/2007] Martim Padrom, director do Centro Coreográfico da Gomera, é o encargado de impartir este curso, orientado a profesores e profesoras de danza.



Imaxe do cartel Obradorios / Seminarios - PARA PROFESIONAIS

Danza clásica académica con Martim Padrom

[16/07/2007 - 21/07/2007] Os e as profesionais da danza teñen unha cita neste mes de xullo co coreógrafo Martim Padrom, director do Centro Coreográfico da Gomera. Un curso que se centrará na danza clásica académica e que ten un custo de matrícula de 40 euros e dispón de 20 prazas.



Volver | Anteriores | 1 | 2 | 3 | 4 | 5 | 6 | 7 | 8 | 9 | 10 | 11 | 12 | 13 | 14 | Seguintes>


Accesibilidade | Aviso legal
Facebook

Marca gráfica da Xunta de GaliciaAGADIC. Instituto galego das artes escénicas e musicais