AGADIC

Centro Coreográfico Galego

Castelán | Inglés

Contacto | Mapa web | Subscrición



Profesionais e estudantes



Obradorios / Seminarios-MAIO-OUTUBRO

Programa formativo 2021

[15/05/2021 - 03/10/2021]
Creación e técnicas de danza contemporánea, danza clásica, prevención de lesións, danzas urbanas, tap dance e xestión cultural para compañías e artistas emerxentes. Prazo de inscrición: do 12 de abril ao 14 de maio.

Retomamos o noso programa formativo, atendendo sempre ás medidas anticovid vixentes en cada momento, para intentar contribuír á recuperación da actividade cultural nos seus distintos niveis de desenvolvemento.

Con tal fin, organizamos nove citas (cursos, encontros e clases maxistrais) pensadas para todas as persoas que de dedican á danza, desde bailaríns/as profesionais e coreógrafos/as ata estudantes e docentes, pero tamén para aqueles/as que non bailaron nunca e queren probar algunha das disciplinas que ofertamos.

Abordamos este ano temáticas moi diversas, para as que volvemos contar cun profesorado experto, de recoñecida traxectoria nos seus respectivos ámbitos:

8 e 9 de maio. Taller de creación de danza contemporánea, con ESTHER LATORRE.
15 e 16 de maio. Taller de danza contemporánea Choreo Toolbox, con MERCÉ DE RANDE.
5 de xuño. Obradoiro de danza contemporánea: técnica Laban, con PAULA QUINTAS.
5-9 de xullo. Curso de danza clásica e repertorio: "A entrada no mundo profesional", con CARMEN PARIS.
12-15 de xullo. Taller de prevención de lesións: Adapt Method, con MARÍA JESÚS PECES-BARBA.
19-23 de xullo. Clases maxistrais de danzas urbanas, con ALBA FERNÁNDEZ, SAMUEL GALÁN, NOELIA LÓPEZ E SABELA DOMÍNGUEZ.
26-30 de xullo. Curso de tap dance e ritmo, con JOHN O'BRIEN.
3-5 de setembro. Curso de danza contemporánea Drop & Catch, con DANA RAZ e SHARON FRIDMAN.
1-3 de outubro. Taller de xestión, produción e distribución para emerxentes, con MANU LAGO.

-Programa dos cursos e procedemento de inscrición
-Táboa de prezos e descontos
-Formulario de solicitude (word)
-Formulario de solicitude (pdf)

Enderezo de inscrición:

Centro Coreográfico Galego
Complexo Polideportivo de Elviña
Praza Agustín Díaz, 1. 15008 A Coruña
Tel. 881 960 543
E-mail: formacion.ccg@xunta.gal

Data de inicio - Data de fin:

[12/04/2021 - 14/05/2021]

< Volver

Mercé de Rande

Accesibilidade | Aviso legal
Facebook

Marca gráfica da Xunta de GaliciaAGADIC. Instituto galego das artes escénicas e musicais