AGADIC

Centro Coreográfico Galego

Castelán | Inglés

Contacto | Mapa web | Subscrición



Profesionais e estudantes



Obradorios / Seminarios-2023

Formación en danza para profesionais

[03/07/2023 - 08/12/2023]
Con Manuela Díaz, José Ramón Marcos Martínez, Jorge Crecis, Itziar del Val, Lilian Portela, Uxío Novo, Iván Villar e Akira Yoshida

A Axencia Galega das Industrias Culturais da Xunta convoca unha nova edición do programa Formación en Danza do Centro Coreográfico Galego, dirixido tanto a profesionais do sector como a estudantes, que terá lugar entre os meses de xullo e decembro para desenvolver oito cursos arredor de diferentes temáticas que van da posta en escena á distribución de espectáculos, pasando pola inclusión do xénero tradicional en todo tipo de montaxes ou polo papel da danza na terapia educativa e na saúde emocional:

Ferramentas de interpretación para profesionais e pre-profesionais da danza
Con Manuela Díaz
Do 3 ao 7 de xullo
10:00 a 13:00h
Santiago de Compostela. Academia Lodanzas

Danza inclusiva como terapia educativa
Teórico-práctico
Con José Ramón Marcos Martínez
Do 17 ao 21 de xullo
10:00 a 13:00 h
A Coruña. Centro Coreográfico Galego

Saúde emocional e motivación na danza
Con Jorge Crecis
Do 24 ao 28 de xullo
10:00 a 13:00 h
Lugo. Conservatorio Profesional de Danza

Procesos creativos e posta en escena
Con Itziar del Val
Do 11 ao 15 de setembro
10:00 a 13:30 h
A Coruña. Centro Coreográfico Galego

Distribución escénica
Con Lilian Portela
Do 10 ao 22 de setembro
Luns, mércores e venres, de 10:00 a 13:00 h
Martes e xoves, de 16:00 a 19:00 h
En liña

Acompañamento na moderación e facilitación de terceiros colaboradores
Con Uxío Novo
30 de setembro
10:00 a 14:00h e 16:00 a 18:30h
En liña

Danza tradicional: como incluíla nun espectáculo
Con Iván Villar
Do 2 ao 6 de outubro
10:00 a 13:00 h
A Coruña. Centro Coreográfico Galego

Up, but down, but fast, but slow, but wild, but sensitive
Con Akira Yoshida
Do 4 ao 8 de decembro
10:00 a 13:00 h
A Coruña. Centro Coreográfico Galego

-PROGRAMA (pdf)

-MATRÍCULA
Para cada curso, prazo aberto ata 10 días antes da súa celebración ou ata esgotar as prazas (20 en cada caso).

-PREZ0
30 euros por curso, cos seguintes descontos:
10% a partir de 2 cursos
20% a partir de 3 cursos
25% a partir de 4 cursos

Enderezo de inscrición:

No mail formacion.ccg@xunta.gal, enviando o FORMULARIO cuberto

Data de inicio - Data de fin:

[23/06/2023 - 24/11/2023]

< Volver

Formación en danza para profesionais

Accesibilidade | Aviso legal
Facebook

Marca gráfica da Xunta de GaliciaAGADIC. Instituto galego das artes escénicas e musicais