AGADIC

Centro Coreográfico Galego

Castelán | Inglés

Contacto | Mapa web | Subscrición



Profesionais e estudantes



Obradorios / Seminarios-CURSO DE MEDIACIÓN CULTURAL

As novas relacións cos públicos

[04/04/2008 - 06/04/2008]
Neste taller partimos do exemplo do Parque de la Villette para establecer novas relacións cos públicos. Este centro cultural parisino é unha referencia internacional que desenvolve un importante traballo de relación co seu público. No 2002 creou un ‘taller do espectador’, que acolle regularmente a persoas en contacto con públicos (profesores, formadores de grupos sociais, profesionais de estruturas culturais…) que queren comprender mellor o espectáculo, para poder transmitilo mellor. Este programa completarase cunha clase de Olga Mesa na que explicará os códigos de acceso ás disciplinas e ás estéticas do espectáculo contemporáneo axudándolle aos participantes a desenvolver as súas capacidades de transmisión da curiosidade e o interese polo espectáculo. Dentro do programa do curso, Olga Mesa presentará o seu espectáculo: ‘Sólo a ciegas’ na Sala Nasa de Santiago de Compostela.

Mehdí Idir
Despois de realizar estudos de musicoloxía na Universidade París IV-Sorbonne, no EHESS-IRCAM e no CNSMDP, Mehdi IDIR ensina durante 10 anos educación musical para alumnos especializados en Colexios e Institutos.
Paralelamente, durante o mesmo período, codirixe unha compañía de teatro a nivel administrativo e político.
Tras pasar pola Reitoría de París no servizo de Acción Cultural, foi chamado en 2001 ao Parc et Grande Halle de la Villette onde por petición do Director de Comunicación e de Públicos, e implanta o servizo de Mediación cultural.
Dende hai dous anos, realiza en dita entidade as funcións de axudante do Director nas tarefas de Programación de Espectáculos para desenvolver e dirixir a política de residencias de artistas.

Olga Mesa
Estudou danza, música e teatro en España e Francia, e no Merce Cunningham Studio de Nova York. A súa traxectoria como creadora, e incluso referente da danza dunha época, comeza a finais dos 80 cando xunto a Blanca Calvo e La Ribot, funda a compañía Bocanada Danza, e dez anos máis tarde, a Asociación La Inesperada. En 1992 fundou a súa propia compañía en Madrid, creando pezas como o seu aclamado solo estO No eS Mi CuerpO. A maioría das veces Olga desenvolve o seu traballo durante residencias artísticas e coproducións con numerosos festivais e institucións internacionais. A presentación da súa peza no 2001 no Théâtre de la Ville en Paris é o comezo dunha intensa xira por Francia e Europa. Dende 2005 dirixe a asociación Hors Champ (Fuera de campo). Até finais de 2006 é artista residente do Théâtre Pôle Sud en Estrasburgo.

Enderezo de inscrición:

Centro Coreográfico Galego
Polideportivo de Elviña
Avda. de Glasgow 11
15708 - A Coruña

Aqui el titular4:

De 10.30h a 14.00h e de 15.30h a 19.30h

Aqui el titular5:

Profesionais en relación con públicos, con estruturas culturais, etc. (profesores, programadores, animadores culturais,...)

Formulario:

25

Data de inicio - Data de fin:

[03/03/2008 - 28/03/2008]

< Volver


Accesibilidade | Aviso legal
Facebook

Marca gráfica da Xunta de GaliciaAGADIC. Instituto galego das artes escénicas e musicais