AGADIC

Centro Coreográfico Galego

Castelán | Inglés

Contacto | Mapa web | Subscrición



Profesionais e estudantes



Obradorios / Seminarios-FORMACION PARA PROFESIONAIS

Curso de Técnica Release con Lipi Hernández

[05/05/2008 - 16/05/2008]
Descargar o pdf do curso
Este taller baseado na técnica reléase esta dirixido tanto aos profesionais da danza coma a aqueles que sendo principiantes estean interesados en descubrir o movemento, levándoo á práctica e perfeccionándoo.
A tradución literal da palabra inglesa reléase, é soltar, liberar, desapertar, afrouxar. A técnica reléase consiste nun traballo de aliñación ou colocación do corpo, baseado no coñecemento anatómico do esqueleto, o que nos permite tomar conciencia deste, e do seu funcionamento, para utilizalo cunha maior liberdade.
O taller pretende ser un laboratorio das posibilidades do movemento e de expresión a través do corpo escénico, para así chegar á apropiación persoal do mesmo. En definitiva, abrir procesos creativos persoais a través dunha clase de técnica e improvisación que nos acheguen a novas posibilidades de comunicación a través da danza.

Lipi Hernández, comeza os seus estudos en Valencia e posteriormente trasládase a Barcelona para ampliar a súa formación como bailarina e coreógrafa. En 1989 amplía os seus estudos de técnica reléase en Italia e crea a súa primeira coreografía, premiada coa Mención Especial no Certame Coreográfico de Madrid. En 1991 recibe o segundo premio do Concurso Coreográfico Ricardo Moragas co espectáculo ‘A Sensu Contrario’. Con "Soledad del Sol" recibe o Premio de Xove Creadores outorgado pola Facultade de Filoloxía da Universidade de Valencia.
Traballou como asistente de dirección e coreografía nas compañías Lanónima Imperial e Sol Picó. Foi co-fundadora de ACDAC (Asociación para o Desenvolvemento de Actividades Culturais) e do espazo de creación La Caldera. E tamén bailarina, coreógrafa e fundadora da Compañía de Danza Malqueridas. Desenvolve tamén un importante traballo como pedagoga.

{*titular8}:

Horario do curso: do 5 ao 9 e do 12 ao 16 de maio.
Prezo: 120 €

Enderezo de inscrición:

Centro Coreográfico Galego
Polideportivo de Elviña
Avda. de Glasgow, 11
15008 - A Coruña

Aqui el titular4:

De 10.00 horas a 14.00 horas

Formulario:

18

Data de inicio - Data de fin:

[01/04/2008 - 30/04/2008]

< Volver


Accesibilidade | Aviso legal
Facebook

Marca gráfica da Xunta de GaliciaAGADIC. Instituto galego das artes escénicas e musicais