AGADIC

Centro Coreográfico Galego

Castelán | Inglés

Contacto | Mapa web | Subscrición



Profesionais e estudantes



Obradorios / Seminarios-FORMACION PARA PROFESIONAIS - MEDIACIÓN CULTURAL

Ferramentas para programar a danza

[24/05/2008 - 24/05/2008]
Descargar o pdf.
Nesta xornada ofreceranse, de xeito creativo e ameno, ferramentas para que o público poida gozar mellor da danza e contribuír ó coñecemento da danza contemporánea; para poder así difundir esta arte entre os públicos.
Un taller para que os programadores culturais se acheguen ao mundo da danza, dende unha perspectiva histórica e artística introducíndose na súa linguaxe e chegar a unha maior comprensión da mesma.

Programa:

Mañá:
Aproximación histórica dende a práctica
Toni Jodar Explica la danza en 50’ (acción-falada e visionado de videos)
Taller no que se practican os conceptos explicados na sesión anterior.

Tarde:
Presentación de boas prácticas vinculadas coas programacións de danza
Beatriu Daniel. Introdución ás boas prácticas de como programar danza.
David Márquez. Presentación do proxecto do Festival Internacional Tensdansa de Terrasa (a programación e todas as actividades paralelas)
Manel Rodríguez. Presentación do proxecto de L’Estruch de Sabadell
Agustín Lorenzo. Presentación das liñas de traballo para danza no IMCE (Instituto Municipal Coruña Espectáculos)

Toni Jodar
Artista e mestre de danza dende hai 25 anos. Combina a preparación física de actores, o traballo da conciencia postural, a especialidade da danza jazz e a realización de diferentes talleres de movemento, para estudantes, profesionais e artistas doutros ámbitos.
Actualmente é asistente de dirección e coreógrafo da compañía Carles Santos e asistente da compañía Gelabert- Azzopardi

Beatriu Daniel
Licenciada en Filosofía e Letras pola Universidade Autónoma de Barcelona. É especialista en danza. Crea e codirixe a revista Dansa-79 até 1985. Produtora de oficio, tamén aplica a produción ás artes escénicas, plásticas, ópera, cine, publicidade e televisión. Traballou, entre outros, con Gelabert-Azzopardi.
Desenvolve a iniciativa Bddansa co que deseña e realiza proxectos para a difusión da danza. Actualmente é directora de xestión de La Caldera, Centro de Danza e Artes Escénicas Contemporáneas e vocal da xunta directiva da Asociación de Profesionais da Danza de Cataluña.

David Márquez
Licenciado en Ciencias Políticas pola Universidade Complutense de Madrid e Máster en Xestión Cultural na Universidade París VIII.
No ámbito das artes escénicas, colaborou como comisario de contidos para o festival Situaciones de Cuenca e co Instituto Cervantes de París. Entre 2002 e 2003 foi asistente de dirección en La Ménagerie de Verre (París), centro de creación de novas linguaxes escénicas e performativas. Colaborou puntualmente con artistas como Boris Charmatz e Rachid Ouramdane. Dende 2003 ocúpase do management de Àngels Margarit / Cía. Mudances (Barcelona).
Actualmente é director adxunto do Festival Internacional de danza, Tensdansa (Terrasa – Barcelona) e membro do Consello de Administración do IETM (International network for contemporary performing arts).

Manel Rodríguez
Licenciado en Filosofía, colaborou coa Fundación Caixa de Pensións de Barcelona (Laboratorio das Artes) e dende 199 traballa co concello de Sabadell. Coordinou o Plan de Soporte a novos creadores e participou na redacción do Mapa Cultural de Sabadell (plan estratéxico). Dende 1996 é o responsable do centro de produción e difusión artística L’Estruch e coordinador do resto de programacións artísticas. É o responsable do festival de verán 30 Nits-Noches.

Agustín Lorenzo López
Nacido na Coruña, no ano 1953, é mestre de educación primaria con dezaseis anos de práctica docente. No ano 1989 é contratado polo Concello da Coruña para desenvolver programas culturais para a escola. Dirixe durante doce edicións o Salón do Libro Infantil e Xuvenil, que promove a Xunta de Galicia e o Concello da Coruña, e as Semanas de Teatro para Nenos, que se iniciaron no ano 1988 e que hoxe en día se seguen programando baixo o epígrafe Todo Público. No ano 1996 encárgase da posta en funcionamento do Fórum Metropolitano, centro municipal de servizos integrados no que funcionan unha sala con capacidade para trescentos espectadores e dúas salas de cine, ata o ano 1999 en que asume a responsabilidade de xestionar o Teatro Municipal Rosalía Castro.
Desde setembro de 2003 é coordinador xeral do Instituto Municipal Coruña Espectáculos.

Enderezo de inscrición:

Centro Coreográfico Galego
Polideportivo de Elviña
Avda. Glasgow, 11
15008 - A Coruña

Aqui el titular5:

Programadores e xestores culturais

Formulario:

25

Data de inicio - Data de fin:

[04/04/2008 - 05/05/2008]

< Volver


Accesibilidade | Aviso legal
Facebook

Marca gráfica da Xunta de GaliciaAGADIC. Instituto galego das artes escénicas e musicais