AGADIC

Centro Coreográfico Galego

Castelán | Inglés

Contacto | Mapa web | Subscrición



Profesionais e estudantes



Obradorios / Seminarios-OFERTA FORMATIVA 2008-2009

Taller de produción con Montserrat Prat

[08/09/2008 - 12/09/2008]
Este curso ten como obxectivo non só aprender a definir a proposta artística cumprindo un encargo dado, senón a organizarse como empresa, creando unha dirección de proxecto, equipo e responsabilidades, definindo ámbitos, valorando a capacidade de acción e reacción, o risco económico, a busca de socios e colaboradores puntuais...

Dende a redacción dos contratos até pagar as nóminas, organizar o servizo de limpeza, a realización de vestiario ou ter en conta os horarios e días de festa de cada colectivo a fin de optimizar e coordinar correctamente o tempo, os recursos económicos e humanos dos que dispoñemos. Unha completa visión de todo o que debemos ter en conta cando nos enfrontamos á produción dun proxecto.

MONTSERRAT PRAT é licenciada en Historia da Arte e experta en xestión cultural, ten realizado producións dende o ano 86 con diferentes profesionais e organizacións como o Festival Grec de Barcelona ou o Centro Andaluz de Danza. Dende o ano 1990 ao 1996 foi xerente e produtora da compañía de danza contemporánea Metros dirixida por Ramón Oller. Entre 1996 e 1997 foi responsable do departamento de produción do Teatre Lliure de Barcelona e no ano 2004 incorpórase ao Conservatorio Superior de Danza de L’Institut del Teatre de Barcelona. Ademais é xerente e produtora da compañía Rararavis de Andrés Corchero e Rosa Múñoz de Barcelona.

Enderezo de inscrición:

Centro Coreográfico Galego
Polideportivo de Elviña
Avda. de Glasgow 11, 15008 - A Coruña

Aqui el titular4:

De 10.00 h a 14.00 h

Aqui el titular5:

Responsables da produción de proxectos e profesionais das artes escénicas

Formulario:

20

Data de inicio - Data de fin:

[01/07/2008 - 25/08/2008]

< Volver


Accesibilidade | Aviso legal
Facebook

Marca gráfica da Xunta de GaliciaAGADIC. Instituto galego das artes escénicas e musicais