AGADIC

Centro Coreográfico Galego

Castelán | Inglés

Contacto | Mapa web | Subscrición



Profesionais e estudantes



Obradorios / Seminarios-OFERTA FORMATIVA 2008-2009

Taller de danza contemporánea con Gustavo Ramírez

[15/09/2008 - 26/09/2008]
O coreógrafo e bailarín Gustavo Ramírez imparte este obradoiro -do 15 ao 19 e do 22 ao 26 de setembro na sede do CCG- con tres partes diferenciadas que abranguen o traballo técnico de base, a práctica de repertorio e a creación ou composición.

A primeira parte é unha clase técnica coa que afondar e potenciar a versatilidade do movemento do alumno e asimilar o corpo como instrumento de creación artística, atopando a propia
personalidade.

Na segunda parte trabállase o repertorio, interpretando diferentes fragmentos coreográficos, asimilando a linguaxe específica da peza interpretada; afondando e potenciando a versatilidade do movemento do alumno.

A terceira parte do curso céntrase na composición, traballando pequenas secuencias coreográficas que sinteticen os coñecementos adquiridos, e a capacidade de relacionar estes coñecementos coa experiencia anterior de cada un, estimulando a creatividade e favorecendo a adaptación persoal da nova linguaxe.

Gustavo Ramírez
Traballou no Ballet Xove de Alacante, Cía. Roberto G. Alonso, Ballet Contemporáneo de Barcelona, Ballet da Comunidade de Madrid, Nederlands Dans Theater e Hubbard Street Dance Chicago.

Gañou, entre outros, o Premio de Coreografía Ricard Moragas de Barcelona con ‘Fetos’, primeiro premio Dom Perignon en Hamburgo con ‘Un peso en la espalda’ ou Mellor dirección coreográfica e mellor espectáculo de danza nos Premios das Artes Escénicas da Generalitat Valenciana xunto a Asun Noales polo espectáculo ‘Sacra/Dicese’.

Foi coreógrafo convidado do Institut del Teatre con ‘Fetos’ e do Ground Hog Festival de Chicago cos monólogos ‘2 and 1 for mister b’ dúo estreado en Cannes para ‘Les Etoiles de Ballet 2000 Dance Festival’ e o ‘IX International Ballet Festival of Miami 2004’. Foi director artístico de Torrevieja Danza e os seus ballets forman parte do repertorio das compañías de danza máis relevantes do panorama actual. Desenvolveu tamén o seu traballo como docente na Universidade Miguel Hernández e no Conservatorio Superior de Valencia.

{*titular8}:

Prezo da matrícula: 120 euros.

Os interesados en participar deben enviar o seu curriculum vitae e a solicitude de matrícula anexa ao correo electrónico documentacion.ccg@xunta.es

Enderezo de inscrición:

Centro Coreográfico Galego
Polideportivo de Elviña
Avda. de Glasgow 11, 15008 - A Coruña

Aqui el titular4:

10.00 a 14.30 h

Aqui el titular5:

Profesionais de danza e estudantes de nivel medio-alto

Formulario:

20

Data de inicio - Data de fin:

[08/08/2008 - 08/09/2008]

< Volver


Accesibilidade | Aviso legal
Facebook

Marca gráfica da Xunta de GaliciaAGADIC. Instituto galego das artes escénicas e musicais