AGADIC

Centro Coreográfico Galego

Castelán | Inglés

Contacto | Mapa web | Subscrición



Profesionais e estudantes



Obradorios / Seminarios-OFERTA FORMATIVA 2008-2009

Taller 'De-construcións coreográficas' con Bárbara Bañuelos

[15/09/2008 - 19/09/2008]
Taller relacionado co proxecto 90dB de Bárbara Bañuelos, artista residente do Centro Coreográfico Galego que no mes de setembro realiza a súa estadía na Sala Galán de Santiago de Compostela.

Obxectivo:
Crear un espazo de investigación e experimentación que permita atopar, compartir e desenvolver ferramentas que nos sexan útiles para crear as nosas pezas escénicas, coreografías, performances, tendo en conta que a base do traballo é o corpo e o movemento en relación co espazo, tempo, o outro, etc.

Coa finalidade de poder encontrar unha linguaxe propia que nos permita levar a cabo un proxecto coreográfico partindo dun concepto para chegar ao corpo e descubrindo as súas posibilidades creativas, para crear propostas escénicas entre a danza, o teatro e a performance:

-Analizaremos os procesos coreográficos de composición para poder coñecer, saber, romper e construír de novo, recorrendo o espazo do noso corpo. Traballaremos co noso corpo físico-emocional-intelectual para desenvolver a súa capacidade de percepción e entendemento.

-Xogaremos, experimentaremos, na busca de novas posibilidades do corpo como suxeito.

-Crearemos un diálogo de intercambio de ideas e pensamentos acerca do corpo e o espazo escénico, abarcando o corpo dende a teoría: analizar o corpo no espazo escénico, no espazo público e no espazo cultural.

Estrutura da clase:
1. Traballo corporal: Habitar o espazo do noso corpo, para que habiten os sentimentos e poidamos aceptalos, o que nos permitirá ter unha maior liberdade de movemento.

2. Traballo de investigación: O taller pretende ser un marco de observación e acompañamento dos propios procesos dos participantes, cuestionando os puntos formais e teóricos das súas propostas, e buscando a implicación da reflexión nos procesos creativos.

3. Traballo de composición: aprender a recoñecer de forma consciente (como facer visible o invisible e como facer visibles as ideas).

4. Traballo de pensamento e discurso: pensar co corpo.
-Que entidade damos ao corpo cando está no escenario?
-Que capacidade ten o corpo para denunciar, transformar, poetizar a realidade?
-Reconquistar espazos dentro da cultura que aínda non lle pertencen á coreografía para que esta se converta en discurso social e político.
-Coñecer o contexto coreográfico español, europeo e internacional para coñecer en que lugar nos encontramos e poder saber: que precisamos cambiar, mellorar, crear, e estruturar.

5. Recapitular e intercambiar documentación: vídeos, libros, textos, blogs, paxinas webs, festivais , becas, documentación varia,..

6. Cuestionarnos continuamente para poder aprender e evolucionar.

7. Análise do desenvolvemento do traballo

8. Relaxación

Bárbara Bañuelos
Nace en Burgos en 1980. Estuda Publicidade e Arte Dramática. Ao finalizar a súa formación académica comeza os seus estudos de danza en Madrid, Londres e Nova York. Formouse e traballou xunto a destacados nomes da danza como Rabih, Mroue, Haim Adri, Xavier Le Roy, Marten Spangberg, La Ribot, Juan Domínguez, Cuqui Jerez e Roger Bernat entre outros.
Bañuelos está interesada no traballo co corpo como ferramenta de pensamento e crítica dentro das novas formas de representación escénica que conceptualizan o movemento, abrindo así novos espazos á coreografía, onde as artes escénicas, as artes plásticas e as artes visuais coexisten na busca de novas linguaxes escénicas.
Entre os seus últimos traballos destacan:
-Chatarra, unha vídeo-danza creada xunto ao realizador Ignacio Martín e exposta no festival Drap-Art e On Loop en Barcelona e recentemente no festival CrossTalk en Budapest.
-Scrapping, unha performance realizada na Chocolate Factory Theater de Nova York, baseada na relación corpo-máquina.
-El poder, unha performance presentada xunto aos Torreznos no Festival In-Presentable, na Casa Encendida de Madrid.
-Sweat-The Movie, unha película que cuestiona as convencións da danza dende un formato cinematográfico, que neste momento está finalizando en Viena dentro do marco do Festival Impulstanz xunto a Marten Spangber e Tor Lindstrand.

Residencia artística no CCG
Bárabara Bañuelos é artista residente do Centro Coreográfico Galego en 2008 co proxecto 90 dB, baseado nos procesos de comunicación e na construción da linguaxe como medios de creación coreográfica. Concretamente analiza os recursos de comunicación entre comunidades xorda e oralista, dúas comunidades que habitan a mesma cidade pero que a perciben de maneira distinta, buscando así un punto de encontro que permita unha nova forma de comunicación dende a linguaxe do corpo e do movemento.

{*titular8}:

O curso é gratuíto, previa inscrición.
Para formalizar a súa inscrición, os interesados deben enviar a documentacion.ccg@xunta.es os seguintes documentos:
-Curriculum vitae
-Carta de motivación para facer o curso
-Síntese do porxecto que lle gustaría desenvolver (opcional).
-Ficha de inscrición anexa

Enderezo de inscrición:

Teatro Galán
Rúa Gómez Ulla, 7
Santiago de Compostela

Aqui el titular4:

De 16.00 a 20.00 horas

Data de inicio - Data de fin:

[12/08/2008 - 12/09/2008]

< Volver

Documentación


Accesibilidade | Aviso legal
Facebook

Marca gráfica da Xunta de GaliciaAGADIC. Instituto galego das artes escénicas e musicais