AGADIC

Centro Coreográfico Galego

Castelán | Inglés

Contacto | Mapa web | Subscrición



Profesionais e estudantes



Obradorios / Seminarios-Curso de danza contemporánea con David Zambrano

Taller de Flying Low

[06/10/2008 - 17/10/2008]
Este taller céntrase principalmente na relación do bailarín co chan.
A clase utiliza patróns de movemento sinxelos que exercitan a respiración, a velocidade e a liberación de enerxía a través do corpo para conseguir activar a relación entre o centro e as articulacións, desprazándose cara dentro e cara fóra dende o chan coa maior eficacia ao manter unha posición centrada. Hai unha focalización na estrutura do esqueleto que axuda
aos bailaríns a mellorar a percepción física e a estar alerta. A clase consta traballo en parellas e frases de movemento, Que exploran as leis fundamentais da física: cohesión e expansión.

Ao crear composicións de movemento, David Zambrano céntrase na creación e no desenvolvemento de dinámicas de sistemas complexos para presentar o liderazgo baixo a forma dunha rede de grupo. Despois de formar parte desta rede de danza, o estudante aprenderá a conectar ao instante co seu medio ambiente e a ser máis espontáneo á hora de elexir as improvisacións como coreógrafo ou bailar o traballo doutros.
David Zambrano leva máis de 20 anos facendo danza. Na súa traxectoria tanto como creador como pedagogo visitou máis de 40 países, traballou con máis de 25.000 alumnos e actuou en centenas de actos públicos no mundo enteiro.
Nas súas pezas atópanse tanto coreografías fixas, coma
improvisacións estruturadas, e mesmo pura improvisación.
Zambrano é creador de máis de 25 montaxes orixinais, e inventou a técnica de ‘Fliying Low’, método de adestramento que imparte en diferentes lugares.
Nado en Venezuela, viviu 15 anos en Nova Iorque e Actualmente reside en Amsterdam. Confía na arte como un intercambio cultural, desenvolvendo o proceso creativo nun mundo sen fronteiras. Zambrano considera a improvisación como unha arte e a coreografía como un vehículo para posteriormente desenvolver o seu traballo na improvisación.

{*titular8}:

Pincha aquí para descargar o PDF do curso.

Enderezo de inscrición:

Centro Coreográfico Galego
Polideportivo de Elviña
Avda. de Glasgow, 11. 15008, A Coruña
Tel: 981 134 946 / Fax: 981 138 294
Correo electrónico: documentacion.ccg@xunta.es

Aqui el titular4:

De 10.00 h a 15.00 h

Aqui el titular5:

Bailaríns profesionais e estudantes de nivel medio-alto.

Formulario:

20

Data de inicio - Data de fin:

[01/07/2008 - 29/09/2008]

< Volver

Documentación


Accesibilidade | Aviso legal
Facebook

Marca gráfica da Xunta de GaliciaAGADIC. Instituto galego das artes escénicas e musicais