AGADIC

Centro Coreográfico Galego

Castelán | Inglés

Contacto | Mapa web | Subscrición



Profesionais e estudantes



Obradorios / Seminarios-2010/2011

Clases abertas de danza clásica

[12/07/2010 - 30/06/2011]
A cargo da directora do Centro Coreográfico Galego, Mercedes Suárez, e das profesoras Beatriz Ponlla e Belén Vázquez.

O CCG organiza estas clases abertas, dirixidas a alumnos de nivel medio-alto, compartindo o espazo da aula de ensaios (Complexo Deportivo de Elviña. Avda. Glasgow s/n, A Coruña) co elenco da nova produción do Centro, 3Dtres.

As clases teñen lugar de luns a venres de 9.30 a 11.00 horas, incluídas aquelas xornadas nas que a compañía esté de xira. Porén, non haberá clases durante a celebración dos talleres formativos programados polo CCG.

A entrada é libre ata completar a capacidade.

Enderezo de inscrición:

Centro Coreográfico Galego
Tel.: 981 134 946 / Fax: 981 138 294
formacion.ccg@xunta.es / actividades.ccg@xunta.es

< Volver


Accesibilidade | Aviso legal
Facebook

Marca gráfica da Xunta de GaliciaAGADIC. Instituto galego das artes escénicas e musicais