AGADIC

Centro Coreográfico Galego

Castelán | Inglés

Contacto | Mapa web | Subscrición



Profesionais e estudantes



Obradorios / Seminarios-2010/2011

Taller de metodoloxía de danza académica. Sistema Vaganova (teoría e práctica)

[14/03/2011 - 18/03/2011]
Con África Hernández

DATAS:
Do 14 ao 18 de marzo de 2011

HORARIO:
-Metodoloxía da danza académica: de 10.00 a 14.30 h
-Aplicación práctica: de 18.00 a 20.00 h (o horario de tarde pode estar suxeito a cambios) / Dúas ou tres sesións, equivalentes aos cursos de 3º e 4º Grao Elemental.

LUGAR:
Conservatorio Profesional de Danza de Lugo
Rúa Músico Xosé Castiñeira, s/n
27002 Lugo
Tel. 982 284 704

DIRIXIDO A:
Profesores de danza

NÚMERO DE PRAZAS:
30

PREZO DA MATRÍCULA:
-Curso teórico-práctico completo: 75 euros
-Parte teórica: 50 euros
-Parte práctica: 50 euros

ORGANIZA:
Centro Coreográfico Galego

INSCRICIÓNS:
Os/as interesados/as deben cubrir a solicitude de matrícula que se xunta como documentación e remitila por correo electrónico a: actividades.ccg@xunta.es / formacion.ccg@xunta.es

OBXECTIVOS:
-Concienciar os profesores de danza sobre a necesidade de investigar e experimentar neste campo.
-Propiciar un espazo de encontro entre profesores de danza.
-Fomentar a relación existente entre a análise do movemento e a análise musical.
-Transmitir o coñecemento teórico, artístico e práctico da danza.
-Aprender a analizar o movemento dende a súa forma inicial para posteriormente obter a súa forma derradeira.
-Adquirir unha harmoniosa coordinación de todas as partes do corpo.
-Experimentar as sensacións dos contados do vocabulario proposto.

METODOLOXíA
-Farase un estudo teórico-práctico de cada un dos contidos do vocabulario.
-Realizaranse combinacións cos contados estudados.

Este taller está baseado no primeiro curso do libro de África Hernández La danza acedémica y su metodología. Análisis del movimiento en relación con su estructura musical, publicado en Ediciones Mahali, que abarca os dous primeiros cursos do nivel elemental. É conveniente asistir co material proposto.

ÁFRICA HERNÁNDEZ:
• Titulada en Danza Clásica polo Conservatorio Superior de Música de Valencia.
• Licenciada a efectos de docencia en Pedagoxía da Danza polo Ministerio de Educación e Cultura.
• Semi-solista do Ballet Clásico de Zaragoza.
• Bailarina del Tivolis-Pantomimeteater de Copenhague.
• Solista da Ópera de Hannover.
• Pedagoga do método Vaganova pola Hungarian Dance Academy (HDA) de Budapest, obtendo matrícula de honor e medalla honorífica.
• Curso de posgrao en Pedagoxía da Danza pola HDA.
• Profesora de danza clásica na Compañía de Vicente Sáez.
• Profesora e pedagoga no Estudo de Danza de María Carbonell.
• Profesora de Danza Clásica e de Didáctica de Técnicas de Danza na especialidade de Pedagoxía da Danza Clásica e Contemporánea na Facultade das Artes de Altea da Universidade Miguel Hernández.
• Directora artística, mestra de baile e coreógrafa de Art Ballet Compañía Neoclásica de Danza.
• Profesora convidada en conservatorios, compañías e escolas de danza.
• Profesora de Metodoloxía da Danza Académica, sistema Vaganova.
• Profesora de Danza Clásica no Conservatorio Profesional de Danza de Valencia.
• Autora do libro "La danza académica y su metodología" (Ediciones Mahali).

Enderezo de inscrición:

Centro Coreográfico Galego
Tel.: 981 134 946 / Fax: 981 138 294
actividades.ccg@xunta.es / formacion.ccg@xunta.es

Data de inicio - Data de fin:

[14/02/2011 - 11/03/2011]

< Volver


Accesibilidade | Aviso legal
Facebook

Marca gráfica da Xunta de GaliciaAGADIC. Instituto galego das artes escénicas e musicais