AGADIC

Centro Coreográfico Galego

Castelán | Inglés

Contacto | Mapa web | Subscrición



Profesionais e estudantes



Obradorios / Seminarios-OUTONO 2014

'Master class' con Carmen Roche

[08/11/2014 - 08/11/2014]
Coincidindo coa actuación do Ballet Carmen Roche na Coruña, a súa fundadora e directora ofrecerá unha master class e unha charla-coloquio na sede do CCG o sábado 8 de novembro

DATA
Sábado, 8 de novembro

HORARIO
De 10.00 a 12.00 horas

LUGAR
Centro Coreográfico Galego
Complexo Deportivo de Elviña
Avda. de Glasgow, s/n
15008 A Coruña

DIRIXIDO A
Estudantes e profesionais da danza

NÚMERO DE PRAZAS
Límite máximo de 10 prazas

INSCRICIÓNS
Gratuíta. Os/as interesados/as deben contactar co Centro Coreográfico Galego a través do mail actividades.ccg@xunta.es ou do teléfono 981 134 946, en horario de mañá.

CARMEN ROCHE
Con 7 anos inicia os seus estudos de danza na súa Zaragoza natal coa mestra María de Ávila, e con tan só 13 anos comeza a súa carreira profesional como solista do Ballet de Antonio.

En 1966 incorpórase ao Ballet de Gulbenkian en Portugal, interpretando primeiros roles do patrimonio clásico. En 1968 pasa a formar parte do Ballet "Século XX" de Maurice Béjart, no que desenvolvería un importante labor artístico, ata que en 1974 é nomeada profesora da compañía e directora da súa escola Mudra.

En 1979 regresa a España, comezando unha nova etapa artística e pedagóxica como subdirectora do Ballet Clásico Nacional e directora da Escola Nacional de Danza Clásica. En 1984 crea o Centro Internacional de Danza de Madrid. En 1998, Carmen Roche promoveu a creación da Fundación e Ballet que leva o seu nome.

Na actualidade dirixe o Ballet Carmen Roche e o Conservatorio de Danza SCAENA en Madrid.

Carmen Roche imparte cursos avanzados, 'master class' e conferencias en institucións de todo o mundo, ademais de ser xurado en concursos internacionais como os de Beijing, Roma ou Berlín, entre outros.

A súa gran traxectoria valeulle numerosos premios e recoñecementos, como a Medalla ao Mérito das Belas Artes do Ministerio de Cultura (1995) e a Medalla á Excelencia Artística outorgada polo Goberno de Nicaragua (2009) e a Medalla de Ouro das Belas Artes (2012).

Enderezo de inscrición:

Centro Coreográfico Galego
Tel.: 981 134 946
Correo electrónico: actividades.ccg@xunta.es

Data de inicio - Data de fin:

[06/11/2014 - 08/11/2014]

< Volver

Carmen Roche

Accesibilidade | Aviso legal
Facebook

Marca gráfica da Xunta de GaliciaAGADIC. Instituto galego das artes escénicas e musicais