AGADIC

Centro Coreográfico Galego

Castelán | Inglés

Contacto | Mapa web | Subscrición



Profesionais e estudantes



Obradorios / Seminarios-PROGRAMA FORMATIVO 2017

Ensino e análise do repertorio coreográfico

[08/05/2017 - 12/05/2017]
Con Ana Abad Carlés

O Centro Coreográfico Galego (CCG) programa o curso ENSINO E ANÁLISE DO REPERTORIO COREOGRÁFICO, que a doutora Ana Abad Carlés impartirá na Coruña.

INSCRICIÓNS:
Ata o 28 de abril, enviando o documento de solicitude de matrícula anexo a formacion.ccg@xunta.gal. As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de recepción das solicitudes.

DATAS E LUGAR:
Do 8 ao 12 de maio
Horario: de 10.00 a 14.00 h
Centro Coreográfico Galego
Complexo Deportivo de Elviña. Praza Agustín Díaz Sánchez, 1.
A Coruña

MATRÍCULA:
50 euros

PROGRAMA:
1. Introdución á análise coreográfica
2. Os textos coreográficos e criterios de autenticidade
3. O repertorio romántico
4. O repertorio clásico (imperial)
5. Introdución ao repertorio do século XX

ANA ABAD CARLÉS
Inicia os seus estudos de Danza Clásica e Contemporánea en Zaragoza e, aos 18 anos, trasládase a Londres. No inicio da súa estadía nesta cidade, estuda Historia, Anatomía, Coreografía e Notación, ademais de ampliar os seus coñecementos sobre técnica de Danza Clásica e Contemporánea.

Volve a Zaragoza en 1994 e comeza a estudar Música e Piano. En 1995, inicia o seu grao en Historia da Arte. Ao mesmo tempo que ensina ballet, comeza a deseñar cursos nos que se combinan teoría e práctica na apreciación da danza.

Traballa e colabora con diferentes estamentos: Conservatorio Profesional de Danza de Zaragoza (2002), Council for Dance Education and Training (2004), Birkberck University, Criticaldance, Creative Capital, Escola Nacional de Danzas Aída Mastrazzi (2008), Conservatorio Profesional de Danza de Murcia, Julio Bocca Studio etc.

En 2004 publica o libro Historia do Ballet e da Danza Moderna e en 2009 presenta a súa tese sobre mulleres coreógrafas, ademais de continuar o seu labor como coreógrafa.

Enderezo de inscrición:

Centro Coreográfico Galego
formacion.ccg@xunta.gal

Data de inicio - Data de fin:

[17/03/2017 - 28/04/2017]

< Volver


Accesibilidade | Aviso legal
Facebook

Marca gráfica da Xunta de GaliciaAGADIC. Instituto galego das artes escénicas e musicais