AGADIC

Centro Coreográfico Galego

Castelán | Inglés

Contacto | Mapa web | Subscrición



Profesionais e estudantes



Obradorios / Seminarios-DANZA CONTEMPORÁNEA E MODERNA

Cursos setembro 2017

[04/09/2017 - 17/09/2017]
Con Bárbara Monteagudo e Fernando Lázaro

O Centro Coreográfico Galego (CDG) retoma a súa actividade formativa en setembro con dous cursos, que terán lugar na súa sede da Coruña (Complexo Deportivo de Elviña. Praza Agustín Díaz Sánchez, 1):

1. Curso de danza contemporánea con BÁRBARA MONTEAGUDO

Datas e horario
Do 4 ao 8 de setembro
Horario: de 10,00 a 13,00 h

Inscricións
Ata o 4 de agosto, enviando o documento de solicitude de matrícula a formacion.ccg@xunta.gal. As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de recepción das solicitudes.

Matrícula
50 euros

Bárbara Monteagudo
Comeza os seus estudos de danza clásica no ano 1986 con Mercedes Suárez e despois entra na compañía Druída Danza.Paralelamente, fórmase noutros estilos: danza moderna, expresión corporal e danza contemporánea.

Polo seu empeño no carácter social e a súa interacción na danza, a inquietude por fusionar o movemento, a expresión e mais a emoción, no ano 1991 afonda no campo da improvisación e comeza unha investigación persoal durante a cal contacta con multitude de creadores e intérpretes da rama contemporánea. Destacan os seus estudos na danza Butoh, que lle influíron notablemente.

Forma parte do grupo DanzaActual (96), do grupo multidisciplinar Proxecto Ninguén (Ball -cans 01) como actriz e coreógrafa. Crea a compañía Trespasando (02) da cal é directora artística, intérprete e co-creadora (III Premio no XV Certame Coreográfico de Madrid e III Premio do I Certame Coreográfico de Galicia).

Entre as súas obras destacan: Entropía (03), Largo camino de vuelta al ser humano (En Pé de Pedra, 04), Aínda que amar sexa absurdo (Feito a man, 05), VVS (Casa da Parra: Fisuras no cotián, (05), Rosalías (06), Luís Seoane: Os tentáculos dos anxos (06).

Imparte clases, obradoiros e cursos. Creou e dirixiu a escola Artestudio (02- 04) e o seu labor como mestra céntrase principalmente na danza contemporánea.

2. Curso de danza contemporánea e moderna con FERNANDO LÁZARO

Datas e horario
15 de setembro de 16,00 a 18,30 horas
16 e 17 de setembro de 11,00 a 13,30 horas

Inscricións
Ata o 8 de setembro, enviando o documento de solicitude de matrícula a formacion.ccg@xunta.gal. As prazas adxudicaranse por rigorosa orde de recepción das solicitudes.

Matrícula
50 euros

Fernando Lázaro
Nace na Coruña, onde comeza os seus estudos de Danza Clásica, graduándose anos despois en Ensinanzas Profesionais de Danza Clásica no Conservatorio de Madrid, especializándose enModerno, Contemporáneo e Jazz.

A súa experiencia como bailarín esténdese ao longo de 15 anos nos que traballa en compañías de danza, teatro, en musicais, fai cine, televisión e publicidade. Máis adiante continúa a súa carreira como coreógrafo facendo pezas contemporáneas e pezas para programas de televisión.

No ano 2001 comeza a súa faceta como docente en Madrid, ademais de impartir cursos en Conservatorios e escolas de toda España, Portugal, Chile, México, Rusia e Italia; prepara bailaríns profesionais e actores.

Participa en numerosas ocasións como xurado en competicións de danza tanto dentro coma fóra da xeografía española.

Durante catro anos desempeña o posto de xefe de estudos de Artes Escénicas en Scaena Carmen Roche (Madrid) e durante dous é o Coordinador do Programa Profesional de Danza Moderna do MDC (Madrid).

Na actualidade é un dos directores do proxecto Danza180º.

Enderezo de inscrición:

Centro Coreográfico Galego
formacion.ccg@xunta.gal

Data de inicio - Data de fin:

[10/07/2017 - 08/09/2017]

< Volver


Accesibilidade | Aviso legal
Facebook

Marca gráfica da Xunta de GaliciaAGADIC. Instituto galego das artes escénicas e musicais