AGADIC

Centro Coreográfico Galego

Castelán | Inglés

Contacto | Mapa web | Subscrición



A peza


Assemblage

GUILLERMO WEICKERT
Estudia interpretación no Instituto del Teatro de Sevilla e fórmase como bailarín no Centro Andaluz de Danza (CAD). É membro dos talleres de Creación Coreográfica e recibe bolsas de estudos da Junta de Andalucía, do Centre de Développement Chóreographique de Tolousse e da C.E.E. (Col.lina Colaboration in Arts, Newcastle - Reino Unido).

Dende o ano 1995 traballa en compañías de danza contemporánea e de teatro físico como : General Eléctrica, Danat Danza, La Permanente, L’anonima Imperial, Angels Margarit / cía. Mudances, Rui Horta Stage Works, ErrequeErre, etc. Na súa faceta como actor, forma parte de compañías como UR-Antzerkia, Matarile Teatro ou o Centro Andaluz de Teatro, entre outras.

No ano 2001 comeza a combinar o seu traballo como intérprete coa dirección de espectáculos propios e direccións para outras compañías. Os seus traballos presentáronse en festivais como Box Nova (Lisboa), Tanec Praha (Praga), TanzWoche (Alemaña), En Pé de Pedra (Santiago de Compostela), MAPAFESTIVAL (Girona), Escena Contemporánea (Madrid), La Alternativa Festival (Santiago) ou Ciclo Nuevos Creadores (Valladolid). Desenvolve tamén a súa actividade na docencia, impartindo clases de danza en diversos centros e compañías de todo o estado.

Accesibilidade | Aviso legal
Facebook

Marca gráfica da Xunta de GaliciaAGADIC. Instituto galego das artes escénicas e musicais