Macho
David Loira
Licenciado en ciencias da actividade física e do deporte pola Universidade da Coruña. Este actor, acróbata e bailarín traballou en compañías como Experimenta Danza ou Caramuxo Teatro. No ano 2005 funda xunto a Rut Balbis a compañía Pisando Ovos. No ano 2008 recibe o 1º Premio no Certame Coreográfico de Madrid coa obra No intre 1800. Participa tamén como coreógrafo e intérprete en distintas videocreacións e foi asistente de coreografía de Antón Coucheiro na creación do espectáculo Habitat. Como docente impartiu seminarios de movemento e danza nas universidades de Coruña e Vigo, na Universidade de Ugon en Ghana ou na Escola Espacio Aberto de Santiago de Compostela. No ano 2008 forma a súa compañía.