AGADIC

Centro Coreográfico Galego

Castelán | Inglés

Contacto | Mapa web | Subscrición



A peza


Tres

Rut Balbís
Licenciada en Ciencias da Actividade Física e do Deporte, fórmase en danza contemporánea con creadores como Andrés Corchero, Hisako Horikawa, Daniel Abreu ou Damián Muñoz e realiza o One Year Certificate londinense en danza contemporánea. Desenvolve a súa traxectoria profesional á fronte da compañía Pisando Ovos dende 2005 coa que estreou varias montaxes como N8 OHX, No intre 1800 -que obtivo o !º premio no Certame Coreográfico de Madrid-, e 30.000, dirixida por Damián Muñoz e coproducida polo CCG. Participou en algúns dos máis destacados festivais nacionais e internacionais como Escena Contemporánea, Dansa Valencia, o TAC de Valladolid, o SAT de Barcelona, o Bassano Festival de Italia e o MOV-S. É profesora na Aula de Teatro e Danza da Universidade da Coruña.
Tres

Accesibilidade | Aviso legal
Facebook

Marca gráfica da Xunta de GaliciaAGADIC. Instituto galego das artes escénicas e musicais