Jogos Corporais
Michel Groisman
Este brasileiro desenvolve un traballo que integra xogos corporais con artes visuais. Nesta investigación contou co apoio de diferentes bolsas de estudos: Rioarte(2004), Vitae (2002) e Uniarte de Faperj (2000). O seu traballo expúxose en diferentes museos e festivas de danza e performance como a exposición Tempo do MOMA de Nova York, II Bienal de Lima, festival de La Batiê en Xenebra, Festival In Transit The Berlim lab en Alemaña, etc. Dende o ano 2004 colabora con outros artistas; xunto con Sung inaugurou no ano 2007, no Museo de Arte Moderna de Río de Janeiro a exposición Porta das Maos, que na actualidade está sendo mostrada no Museo de Arte Contemporanea de Niterói.