Yo fui un hombre lobo adolescente inventando horrores
Guillem Mont de Palol
Comezou os seus estudos artísticos en distintos centros de Barcelona. No ano 2002 trasládase a Amsterdam para cursar os estudos coreográficos na School for New Dance Development, onde se gradúa en xuño de 2006. Actualmente combina o traballo como coreógrafo independente coa participación en distintas producións como bailarín. Traballa con distintas técnicas corporais como o Aikido, Yoga, Alexander, técnica release e contact. As técnicas de integración corpo-mente tamén son do seu interese, por iso integra o exercicio da meditación e o adestramento sensorial no seu traballo. Desenvolve a súa actividade en Holanda facendo as súas propias creacións e traballando como bailarín para distintos proxectos e coreógrafos.