Subidón, saldos de un bazar familiar
Esta viaxe é unha experiencia emocional que penetra directamente dentro das motivacións dunha nai que non comulga cos desexos da súa xeración, como tamén dentro da mente do fillo que herda a sensibilidade excéntrica da súa nai. Xuntos partirán nunha aventura de paisaxes mentais guiados pola intuición e os impulsos creativos como válvula de escape fronte á realidade. Esta proposición escéncia indaga na identidade dos seus protagonistas, os seus recordos e en como se relacionan co papel que lles tocou vivir.