AGADIC

Centro Coreográfico Galego

Castelán | Inglés

Contacto | Mapa web | Subscrición



A peza


Assemblage

En Assemblage existen varios tipo de conceptos e materiais que se xustapoñen para a reflexión en forma escénica, ou o xogo coa palabra e a imaxe. Así, imaxe e palabra colócanse nun lugar concreto da escena, que se establece como o propio lugar da imaxinación, ou o lugar que a imaxinación permite habitar.

Xorde deste xeito unha viaxe que vai dende o ultraterreo -botando man de palabras de Calvino- ata o imaxinario, tentando non a reprodución do que conforma a imaxinación das creadoras e intérpretes, senón procurando a evocación da imaxinación do espectador. Poderiamos dicir así que Assemblage é un paseo dende a realidade ata a imaxinación, a transformación dunha realidade nun lugar imaxinario, con acontecementos xerados dende a imaxinación e materializados no movemento.

Accesibilidade | Aviso legal
Facebook

Marca gráfica da Xunta de GaliciaAGADIC. Instituto galego das artes escénicas e musicais