Arquitecturas interiores
A obra articúlase en torno a temas como a desestruturación do pensamento da cidade ou a busca dunha nova metodoloxía de habitar os espazos e de estar no mundo. O punto de partida deste traballo son tres videocreacións e unha instalación. Esta primeira parte do traballo presentouse en decembro de 2008 no Festival de Arte e reciclaxe Drap’art de Barcelona.