Yo fui un hombre lobo adolescente inventando horrores
Un diálogo sobre o estado físico, emocional e psicolóxico que se experimenta cando un está asustado. Unha conversa co inconsciente para aprender a escoitar as voces que falan nunha linguaxe distinta, na que se porá atención aos silencios, ás interrupcións, ás fisuras ou ás equivocacións.
O traballo centrarase na busca de distintas estratexias para representar horror e morte no espazo por medio de diferentes linguaxes e estilos performativos. Dúas persoas que se reúnen para falar, actuar e entender o horror. Pártese dunha situación absurda -dous homes vestidos de esquelete - onde a ficcións e converte en realidade a través da imaxinación do espectador.