AGADIC

Centro Coreográfico Galego

Castelán | Inglés

Contacto | Mapa web | Subscrición



Convocatorias



Premio Manuel María de Literatura Dramática Infantil: resolución 2008

OBRA GAÑADORA: Pingueiras e tarteiras, de Teresa González Costa

TERESA GONZÁLEZ COSTA (O Grove, 1975) licenciouse en Filoloxía Inglesa e Italiana pola Universidade de Santiago de Compostela, á vez que desenvolvía unha actividade teatral en paralelo con estadías longas en Italia e Francia, así como en Xenebra. Nesta cidade realiza as súas últimas actividades teatrais até o momento: cursos de dramaturxia focalizados na obra de Jean-Luc Lagarce e reportaxes sobre eventos teatrais para a radio. Tamén participa nunha produción da Comédie de Genève, como actriz, froito dun taller anual realizado por ese teatro.

Actriz, contacontos, ademais de docente, é autora de varias pezas de teatro, tanto para adultos como para rapaces, editadas por Edicións Fervenza e Edicións Laiovento. Foi finalista do Premio de Teatro Rafael Dieste en 2005 con Alén das Brumas e en 2004 é mención especial do xurado do Premio Barriga Verde de Textos para Teatro de Monicreques por Canun digas Narice.

Aegri somnia, Bolboretas vermellas, Nesa fiestra non hai nada, Loft Stories, Miles de bocas e peixes e El sueño de Leila conforman a súa obra teatral inédita.

Ademais de co III Manuel María de Literatura Dramática Infantil por Pingueiras e tarteiras, en 2008 foi galardoada co XVII Premio Álvaro Cunqueiro para Textos Teatrais por Sempre quixen bailar un tango, convocado igualmente pola AGADIC.

Pingueiras e tarteiras
No Castelo Grisallo todo é gris: desde o maimiño da raíña ata a súa cunca de porcelana inglesa. E tamén chove moito. A Súa Maxestade xa está cansa de colocar tarteiras debaixo das pingueiras. Pero un día chega pola porta a Compañía do Paraugas. Pouco a pouco os membros desta compañía de circo -que outrora fora esplendoroso- daranlle cor a tanta monotonía. E farán que a mesma choiva soe a música: a música das pingueiras nas tarteiras.

Anteriores premios Manuel María
2007 Carlos Losada: Game Over
2006 Paula Carballeira: Boas Noites
Prazo: 13/10/2008 - 31/12/2008
Periodicidade: Anual
Dirixirse a: AGADIC
Rúa da Vesada s/n, San Lázaro
15703 Santiago de Compostela
Telefono: 981 577 126 / 981 577 128 (ext. 108)
Ligazóns

< Volver


Accesibilidade | Aviso legal
Facebook

Marca gráfica da Xunta de GaliciaAGADIC. Instituto galego das artes escénicas e musicais