AGADIC

Centro Coreográfico Galego

Castelán | Inglés

Contacto | Mapa web | Subscrición



Convocatorias



Programa Artistas en Residencia - Convocatoria 2009

Pincha aquí para descargar a convocatoria.
Prazo: O prazo de solicitude remata o xoves 4 de decembro (incluído).
Prazo: 04/11/2008 - 15/01/2009
Descrición: TIPO DE RESIDENCIAS ARTÍSTICAS

Residencia coa finalidade de realizar un proxecto artístico.
AAGADIC a través do CCG e do CDG poñerá a disposición do artista ou colectivo un espazo e os medios técnicos e humanos cos que conta ese espazo onde poder desenvolver o traballo creativo.Catro semanas serán para o traballo de
creación e unha semana, a quinta, para a realización dunha residencia técnica cos medios técnicos e humanos dos que dispón o espazo.
Duración: 5 semanas

Residencia-laboratorio.
A utilización dun espazo e dos medios técnicos e humanos cos que conta ese espazo para levar a cabo un proceso de investigación que non ten por que levar a un resultado artístico.
Trátase de poder ofrecer un espazo e un tempo de pescuda, reflexión e investigación.
Duración: 4 semanas
Dirixido a: Creadores individuais ou colectivos de artistas que precisen espazo e tempo para realizar un traballo tanto de investigación como de creación.
Poderán presentarse ao programa ARTISTAS EN RESIDENCIA persoas físicas (individuais ou colectivos) ou xurídicas maiores de 18 anos que non presenten débedas coa administración.
Quedarán excluídos do ámbito obxectivo desta modalidade o persoal funcionario e laboral da AGADIC e da Consellería de Cultura e Deporte.
Documentación: Memoria explicativa do proxecto onde se determinará a finalidade, os obxectivos, contidos, metodoloxía de traballo e todos aqueles datos artísticos que se consideren de Interese. (Máximo 10 folios). No caso de enviar por correo
postal non mandar a memoria encadernada.
Currículo do/dos solicitante/es indicando os estudos realizados, actividades profesionais desempeñadas e, en xeral, canta documentación considere representativa da súa formación.
Carta explicativa dos motivos de solicitude da residencia e os intereses da mesma dentro do proceso de traballo.
Fotocopia do DNI, NIF ou pasaporte do solicitante.
Lugar e datas preferentes para a realización da RESIDENCIA, tipo de residencia.
(Non enviar material audiovisual)
Dirixirse a: Centro Coreográfico Galego,
Complexo Polideportivo de Elviña, Avda. de Glasgow, 11,
15008 A Coruña.

< Volver


Accesibilidade | Aviso legal
Facebook

Marca gráfica da Xunta de GaliciaAGADIC. Instituto galego das artes escénicas e musicais