Ábrese o prazo de inscrición de espectáculos cara á configuración da programación da Rede Galega de Teatros e Auditorios e da Rede Galega de Salas de xaneiro a xuño de 2010.
Prazo: 01/09/2009 - 30/09/2009
Dirixido a: Compañías e formacións escénicas profesionais (teatro de actor, de monicreques, danza, maxia e música de cámara).
Requirimentos: Os exisidos nos
regulamentos correspondentes.
Documentación: O proceso de inscrición realízase a través da web
galescena.info.
Periodicidade: Semestral
Dirixirse a: AGADIC. Departamento de Programación
Rúa da Vesada, s/n
15703 Santiago
Tf.: 981 57 71 26 ext. 103
Fax 981 57 34 53
programacionagadic.1@xunta.es