Descrición: Trala exitosa experiencia que en 2009 significou a extensión da Rede Galega de Música ao Vivo a Cataluña, a Axencia Galega de Industrias Culturais (AGADIC) e o
Institut Català de les Indústries Culturals (ICIC) volven colaborar para desenvolver en 2010 unha nova programación de concertos de grupos galegos en salas catalás. Nesta nova edición, tentarase dar un paso adiante na proxección exterior das formacións musicais galegas e consolidar a súa presenza fóra das nosas fronteiras.
Obxecto
Promoción e difusión exterior de formacións musicais galegas a través da realización
de concertos en Cataluña.
Participación dos grupos
Poderán participar neste programa formacións musicais de calquera estilo que teñan o
seu enderezo fiscal en Galicia e algún disco no mercado (editado no ano 2009) ou
previsión de editalo ao longo de 2010.
Documentación a presentar:
- Dossier completo da formación.
- Ficha co
rider técnico incluído
backline.
- Caché total con impostos engadidos (incluídos os gastos de transporte, aloxamento e mantenza).
- Orixinal do último traballo discográfico.
- No caso de existir, DVD co videoclip ou coa gravación dunha actuación ao vivo.
- Dúas fotografías en formato dixital en jpg ou tif (300 dip mínimo).
Condicións económicas
Cada formación presentará o seu caché ata un máximo de 10.000 €. Este caché global
incluirá todos os gastos (transporte, aloxamento, mantenza…)
O caché do grupo será aboado directamente polo ICIC e polo programador de sala, festival ou concerto catalán, previa presentación de factura oficial.
O
rider técnico e
backline de cada actuación será asumido directamente polos programadores cataláns.
Selección das formacións
A AGADIC remitirá ao ICIC todas as propostas presentadas en tempo e forma. Será o
ICIC quen, xunto cos programadores interesados, seleccionen os grupos segundo criterios artísticos e de programación.
Prazos para presentar as solicitudes
Toda a documentación requirida deberá ser presentada por correo ordinario
antes do 27 de outubro de 2009 ao seguinte enderezo:
Ao vivo dende Galicia 2010 (Catalunya)
Departamento de Programación da AGADIC
Rúa da Vesada, s/n
15705 Santiago de Compostela
Tel: 981 577 126