AGADIC

Centro Coreográfico Galego

Castelán | Inglés

Contacto | Mapa web | Subscrición



Convocatorias



Escola de Altos Estudos Musicais: probas extraordinarias de selección de alumnos para a promoción 2009-2011

Xa está dispoñible para a súa descarga a RELACIÓN DEFINITIVA DE ADMITIDOS/AS nas probas extraordinarias de selección de alumnos para a promoción 2009/2011 da Sección de Especialización da Escola de Altos Estudos Musicais, que se celebran os días 12 e 13 de decembro segundo as bases publicadas no DOG nº 201, de 14 de outubro de 2009.

As categorías convocadas son contrabaixo, violín, viola e violonchelo.

DATAS, HORARIOS E LUGAR DAS PROBAS:

Sábado 12 de decembro
-11.00 h: violíns (7 candidatos)
-13.30 h: contrabaixos (2 candidatos)

Domingo 13 de decembro
-11.00 h: violas (5 candidatos)
-12.45 h: violonchelos (4 candidatos)

As probas celebraranse na sede da Escola de Altos Estudos Musicais en Santiago (Rúa das Salvadas, s/n). Nas bases especifícanse os contidos para cada especialidade.
Prazo: 09/12/2009 - 13/12/2009
Solicítase

Documentos relacionados

< Volver

Outras convocatorias


Accesibilidade | Aviso legal
Facebook

Marca gráfica da Xunta de GaliciaAGADIC. Instituto galego das artes escénicas e musicais