AGADIC

Centro Coreográfico Galego

Castelán | Inglés

Contacto | Mapa web | Subscrición



Convocatorias



IV Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico: finalistas

As obras presentadas baixo os lemas O vento da illa, Nunca me esquecerei de ti e Indoor foron seleccionadas como finalistas do IV Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico, organizado polo programa Diario Cultural da Radio Galega e o Centro Dramatico Galego, co patrocinio da AGADIC (Axencia Galega das Industrias Culturais).

O xurado integrado por Rubén Ruibal, Ánxeles Cuña, María Paredes, Camilo Franco e Ana Romaní acordou por maioria escoller estes tres textos como finalistas de entre o total de 27 orixinais presentados.

Ánxeles Cuña dirixirá a adaptación radiofónica das obras finalistas, que serán agora dramatizadas por un equipo de actores e actrices coordinado polo CDG e emitidas ao longo do mes de marzo na Radio Galega. Trala sua emisión daranse a coñecer o Premio do Xurado dotado con 3.000 euros e o Premio da Audiencia dotado con 3.000 euros.

O Premio Diario Cultural de Teatro Radiofónico pretende fomentar a escrita de textos dramáticos para a radio, facilitar o diálogo entre a dramaturxia contemporánea e o medio radiofónico, divulgar a escrita teatral galega e contribuír á recuperación desde unha perspectiva contemporánea do xénero de teatro radiofónico.

GAÑADORES DO PREMIO DIARIO CULTURAL DE TEATRO RADIOFÓNICO
2007 David Rodriguez por O Bambam (premios do xurado e do público).
2008 Begoña García por O mal da vaca (premio do xurado) e Lois Pérez por Saltimbanqui (premio do público).
2009 Rubén Ruibal e César Candelas por Peter Buckley (premios do xurado e do público).
Periodicidade: Anual

< Volver


Accesibilidade | Aviso legal
Facebook

Marca gráfica da Xunta de GaliciaAGADIC. Instituto galego das artes escénicas e musicais