AGADIC

Centro Coreográfico Galego

Castelán | Inglés

Contacto | Mapa web | Subscrición



Convocatorias



Outonalidades: inscrición de grupos para a programación 2010

A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) e a d’Orfeu Associação Cultural de Portugal colaboran na organización da terceira edición do circuíto galego-portugués de música ao vivo Outonalidades.

Os grupos galegos interesados en formar parte desta programación, que se desenvolverá no último trimestre de 2010 en salas de música portuguesas, deben formalizar a súa inscrición ata o 20 de marzo a través da páxina web:
www.dorfeu.pt/outonalidades

Consideracións a ter en conta por parte dos grupos
-Existen catro tramos de cachés: 300€-400€-500€-600€
-A d’Orfeu Associação Cultural, en colaboración coa AGADIC, garante por cada concerto o pago do caché do grupo contra recibo legal (impostos engadidos) e os gastos de desprazamento (0,19€ km e pago de peaxes).
-As salas portuguesas garanten o aloxamento, xantar e rider técnico para os músicos e técnicos do grupo.

Selección e programación
-Unha vez realizada a inscrición dos grupos, farase unha selección previa que se achegará ás salas.
-As salas realizarán a súa programación poñéndose en contacto coa d’Orfeu Associação Cultural, que centralizará o proceso de programación e, á súa vez, contactará cos grupos para o peche de datas.

Máis información sobre o funcionamento desta programación:
-AGADIC. Departamento de programación: programacionagadic.1@xunta.es
-d’Orfeu Associação Cultural: joca@dorfeu.pt
Prazo: 25/02/2010 - 20/03/2010

< Volver


Accesibilidade | Aviso legal
Facebook

Marca gráfica da Xunta de GaliciaAGADIC. Instituto galego das artes escénicas e musicais