AGADIC

Centro Coreográfico Galego

Castelán | Inglés

Contacto | Mapa web | Subscrición



Convocatorias



Premio Barriga Verde de Textos para Teatro de Monicreques: edición 2010

A Axencia Galega das Industrias Culturais (AGADIC) convoca o VIII Premio Barriga Verde de Textos para Teatro de Monicreques, segundo as bases publicadas no DOG nº 49, do 12 de marzo de 2010. A súa dotación económica é de 6.000 euros. Así mesmo, a AGADIC poderá editar o texto galardoado nas súas coleccións, reservando para si os dereitos de edición ou coedición durante un período de dous anos desde a comunicación do ditame.

O período de admisión remata o 11 de xuño de 2010. A decisión do xurado producirase antes do 1 de novembro de 2010.

Dirixido a: Persoas físicas que presenten textos teatrais inéditos, escritos en galego conforme a normativa vixente, non representados nin premiados anteriormente noutros concursos ou convocatorias.

Os textos serán de tema e extensión libres, tendo en conta o principio de duración normal dun espectáculo completo. Quedan excluídas as obras de teatro breve.

Quedarán excluídos os orixinais que resultasen ser obra de autores premiados nas dúas convocatorias inmediatamente anteriores. Nesta mesma liña, os autores que resulten galardoados na edición 2010 non se poderán volver presentar nas dúas convocatorias posteriores.

Forma de presentación: Os orixinais deben remitirse dentro do prazo establecido á sede da Agadic en Santiago (Rúa da Vesada, s/n, San Lázaro, 15703) por sextuplicado, en exemplares separados, en tamaño DIN A-4, mecanografados a dobre espazo por unha soa cara, paxinados e grampados ou encadernados.

Na portada de cada unha das copias indicarase unicamente o título e/ou lema e o premio a que optan. Non poderá figurar ningún dato que poida identificar o participante e romper o anonimato.

Documentación: Xunto cos textos, os participantes nesta convocatoria deberán entregar un sobre pechado que reflicta no exterior os mesmos datos que na portada dos textos presentados (título e/ou lema e premio a que optan. No interior deste sobre pechado deberá incluírse:
-solicitude de participación debidamente cuberta e asinada segundo o anexo que figura ao final das bases.
-fotocopia do DNI, NIF, NIE, pasaporte ou documento equivalente.
-declaración asinada polo autor de que o texto presentado non foi publicado nin premiado en ningún momento anterior.

Xurado: Para a avaliación dos textos constituirase un xurado formado por seis persoas de recoñecido prestixio no ámbito literario e escénico: dous expertos en literatura dramática, dous elixidos entre escritores, dramaturgos, autores e adaptadores, e outros dous entre directores de escena e outros oficios teatrais. Actuará como secretario, con voz e sen voto, un membro do cadro de persoal da AGADIC proposto pola Dirección da Axencia.

Criterios de valoración:
-Calidade literaria: 30 puntos
-Calidade dramática: 30 puntos
-Viabilidade escénica: 20 puntos
-Adecuación á especificidade de cada premio: 10 puntos
-Coidado da lingua: 10 puntos

Anteriores premios Barriga Verde:
2009 Ignacio Vilariño: Auga que non vas beber (adultos) e Begoña García: Bon appétit (rapaces)
2008 Xosé A. Neira Cruz: O punto da escarola (rapaces)
2007 Deserto
2006 Breogán Riveiro: O afundimento do Tiránic (rapaces)
2005 Xosé Manuel Fernández Castro: Misterio en Guernica (adultos)
2004 Celia Díaz Núñez: Cataventos e Cia ou a verdadeira historia de Amanda, a princesa, e Leonardo, o poeta (rapaces)
2003 Gabriel Castilla Raspa: O Soñador. Pezas de títeres para adultos (adultos)
2003 Celestino Antelo Gerpe: Cucho, Coco e o dilema do 6 (rapaces)
Prazo: 13/03/2010 - 11/06/2010
Periodicidade: Anual
Dirixirse a: AGADIC
Enderezo: Rúa de Vesada s/n, San Lázaro. CP. 15703 - Santiago de Compostela
Telefono: 981 577 126 / 981 577 128 (ext. 108)
Documentos relacionados

< Volver


Accesibilidade | Aviso legal
Facebook

Marca gráfica da Xunta de GaliciaAGADIC. Instituto galego das artes escénicas e musicais