AGADIC

Centro Coreográfico Galego

Castelán | Inglés

Contacto | Mapa web | Subscrición



Convocatorias



Axudas da AGADIC ás industrias culturais: convocatoria 2010

A AGADIC convocou as súas subvencións ás industrias culturais para o ano 2010 segundo as bases publicadas no DOG nº 61, de 31 de marzo.

Presentación de solicitudes: As solicitudes de subvencións dirixiranse ao director da AGADIC, axustándose ao modelo publicado nos anexos da resolución. Os anexos editables están dispoñibles na web da Guía do Cidadán da Xunta de Galicia (código: CT 402A).

Prazo e lugar de presentación: até o venres 30 de abril de 2010, agás nos casos especificados para as modalidades B e D. As solicitudes poden presentarse nos servizos, rexistros e oficinas correspondentes da Comunidade Autónoma de Galicia, así como nos rexistros doutras administracións públicas, consonte co establecido no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Lémbrese que o horario do rexistro da AGADIC (Rúa da Vesada, s/n. San Lázaro. 15703 Santiago de Compostela) é de 9.00 a 14.00 horas, de luns a venres.

MODALIDADES

A. Actividade escénica:
A.1. Empresas de nova creación
A.2. Produción de espectáculos de pequeno formato
A.3. Produción de espectáculos de mediano formato
A.4. Produción de espectáculos de gran formato
A.5. Produción de espectáculos de novas tendencias, contemporáneos ou de autor.
A.6. Continuidade das compañías das modalidades A.1, A.2, A.3, A.4 e A.5
A.7. Continuidade de compañías residentes

Finalidade: Fomentar a actividade escénica profesional, en calquera das súas modalidades e disciplinas artísticas.

Dirixido a: Persoas físicas ou xurídicas dedicadas profesionalmente á actividade teatral, da danza ou da maxia, con domicilio, sede social ou establecemento permanente en Galicia, coa excepción das asociacións e restantes entidades sen fin de lucro.

Prazo de presentación de solicitudes: ata o venres 30 de abril.

B. Programa Crédito-Cultura:

Finalidade: Promover, facilitar e normalizar o acceso das empresas culturais ao financiamento bancario da súa actividade de produción e distribución de produtos ou servizos de consumo cultural de interese sociocultural.

Dirixido a: Empresas dedicadas profesionalmente á actividade de produción e distribución de produtos ou servizos de consumo cultural, con domicilio, sede social ou establecemento permanente en Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes: Un mes dende a formalización dos préstamos obxecto de subsidio e, en todo caso, con anterioridade ao 31 de outubro de 2010. Para os préstamos formalizados antes da publicación desta convocatoria, o 30 de abril.

C. Produción e promoción de traballos discográficos:

Finalidade: Dar apoio aos proxectos de produción, edición e promoción de produtos discográficos (fonogramas e videoclips) e aos proxectos que aposten pola adaptación das empresas discográficas galegas ás condicións que esixe a sociedade dixital, especialmente desde o punto de vista da adecuación tecnolóxica.

Dirixido a: Empresas dedicadas á actividade de produción e distribución no ámbito da música con domicilio, sede social ou establecemento permanente en Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes: ata o venres 30 de abril.

D. Distribución:

Finalidade: Promover a distribución exterior de bens e servizos culturais producidos por empresas e/ou compañías profesionais galegas, coa excepción das asociacións e entidades sen fins de lucro.

D.1. Distribución exterior de espectáculos de artes escénicas e musicais producidos por empresas galegas
Dirixido a: Persoas físicas e/ou xurídicas dedicadas profesionalmente á actividade de produción e distribución de espectáculos de artes escénicas ou musicais, con domicilio, sede social ou establecemento permanente en Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes: Para os espectáculos distribuídos entre o 1 de novembro de 2009 e o 31 de marzo de 2010, o prazo finaliza o 30 de abril. No caso dos distribuídos entre o 1 de abril e o 31 de maio de 2010, as solicitudes presentaranse ata o 31 de maio. Para o resto, o prazo finaliza o 31 de outubro.

D.2. Asistencia a feiras e mercados culturais
Dirixido a: Persoas físeicas e/ou xurídicas dedicadas á actividade de produción e distribución de bens ou servizos culturais, con domicilio, sede social ou establecemento permanente en Galicia, para a asistencia a feiras ou mercados culturais.
Prazo de presentación de solicitudes: Para as actividades realizadas entre o 1 de novembro de 2009 e o 31 de marzo de 2010, o prazo finaliza o 30 de abril. No caso das realizadas entre o 1 de abril e o 31 de maio de 2010, as solicitudes presentaranse ata o 31 de maio. Para o resto, o prazo finaliza o 31 de outubro.

D.3. Distribución de espectáculos en feiras
Dirixido a: Persoas físicas e/ou xurídicas dedicadas profesionalmente á actividade de produción e distribución de espectáculos de artes escénicas, con domicilio ou sede social en Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes: ata o venres 30 de abril.

E. Salas de teatro e artes escénicas privadas:

Finalidade: Promover o desenvolvemento de programacións de artes escénicas por parte de salas e teatros de titularidade privada.

Dirixido a: Salas e teatros de titularidade privada, con capacidade non superior ás 250 prazas e cunha programación estable ou o apoio á creación de espectáculos relacionados coas artes escénicas en xeral. Excluiranse deste ámbito as salas ou teatros cuxa titularidade pertenza a asociacións e outras entidades sen ánimo de lucro.

Prazo de presentación de solicitudes: ata o venres 30 de abril.

F. Asociacionismo profesional no ámbito das industrias culturais:

Finalidade: Potenciación do asociacionismo profesional en Galicia no ámbito da produción e distribución de produtos ou servizos de consumo cultural.

Dirixido a: Entidades e asociacións profesionais representativas das empresas e profesionais no sector da produción e distribución de produtos ou servizos de consumo cultural.

Prazo de presentación de solicitudes: ata o venres 30 de abril.

G. Mellora técnica de estudios de gravación:

Finalidade: Mellorar a calidade técnica dos estudios de gravación galegos, promovendo unha subvención ao equipamento técnico destes, especialmente desde o punto de vista da modernización tecnolóxica e mellora competitiva.

Dirixido a: Empresas dedicadas á reprodución de fonogramas (estudios de gravación de música) con domicilio, sede social pu establecemento permanente en Galicia.

Prazo de presentación de solicitudes: ata o venres 30 de abril.
Prazo: 01/04/2010 - 31/10/2010
Ligazóns

< Volver


Accesibilidade | Aviso legal
Facebook

Marca gráfica da Xunta de GaliciaAGADIC. Instituto galego das artes escénicas e musicais